Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/07/21 | 16:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta intercambia coñecementos científicos e culturais co comité internacional de expertos do Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda indicou que xogan un papel fundamental no asesoramento ao Goberno galego para potenciar aínda mais o Camiño de Santiago

26/07/21 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva retirados máis de 3.500 niños de vespa velutina no que vai de ano

A directora de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron esta maña unha reunión de coordinación e reforzo no marco do Plan de Loita contra a vespa velutina

26/07/21 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Oleiros urxen ao Goberno de España a autorizar a conexión da vía ártabra coa AP-9 para poder retomar as obras o antes posible

A necesidade de retranquear unha liña de media tensión e unha canalización de gas impiden actualmente o avance físico dos traballos, que poderían retomarse de contar co visto e prace para executar a conexión coa Autoestrada do Atlántico

26/07/21 | 15:14
26/07/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta espera que o Estado aplique de maneira inmediata as bonificacións da AP-9 porque os galegos non poden seguir agardando

O vicepresidente primeiro, asistiu esta maña na Coruña ao acto de presentación das bonificacións da AP-9 onde indicou que a Xunta celebra que o Goberno comprendese a postura da Xunta

26/07/21 | 15:06 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a riqueza forestal de Cervantes e o seu potencial para recuperar terra

Os representantes da Consellería do Medio Rural explicaron a un grupo de veciños deste municipio as vantaxes de poñer en marcha un proxecto de aldea modelo e coñeceron tamén varios montes de varas

26/07/21 | 15:02

Sogama implica aos mozos da Baña na protección da natureza a través da correcta xestión dos residuos

Educadores de Sogama impartiron unha actividade formativa a un grupo de nenos e adolescentes da asociación Anxiños do municipio

26/07/21 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa as obras de mellora da seguridade do Camiño de Fisterra en Corcubión, unha das 11 actuacións que se executarán este ano nas estradas da Xunta coincidentes con esta ruta xacobea

O delegado da Xunta destacou que no Camiño de Fisterra se levarán a cabo intervencións en tramos dos concellos de Muxía, Dumbría, Mazaricos, Negreira, Ames, Fisterra Cee e Corcubión cun investimento conxunto de 204.000 euros

26/07/21 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Adega renovan a cooperación para fomentar entre a mocidade o coñecemento e o coidado dos recursos fluviais de Galicia a través do 'Proxecto Ríos'

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia con 50.000 euros este programa de voluntariado e educación ambiental, que conta con apoio técnico do Instituto de Estudos do Territorio

26/07/21 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC en Lugo e no Corgo

Organizado a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), a acción formativa desenvolverase ao longo dunha xornada en horario de 15:45 a 20:45 horas