Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Lorenzana destaca en Bueu a relevancia do sector do metal para a recuperación do emprego en Galicia
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe na localidade pontevedresa a Escola de Soldadura Quattro Formación que desenvolve un importante labor formativo na procura dun sector metalúrxico máis competitivo
Román Rodríguez anuncia a licitación da reforma do instituto Luís Seoane de Pontevedra por 750.000 €
A actuación enmárcase no paquete de 84 melloras que se van licitar antes de que se remate o ano, das que 39 se executarán na provincia de Pontevedra
A Xunta e o CSIC colaboran nunha escavación arqueolóxica no Castro Monte Cido, no Courel
A actuación, que comeza o luns e se desenvolverá durante a primeira quincena de agosto, está financiada a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
A Xunta forma no Incio ao sector da castaña en materia de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos
Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverase o vindeiro martes 3 de agosto no local multiusos Cruz do Incio
A Xunta convoca de novo o préstamo vendima para que as adegas galegas poidan mercar toda a uva da colleita de 2021 en condicións normais de mercado
Renóvanse así, tal e como se comprometera, estes empréstitos, concibidos para que o sector vitivinícola poida seguir paliando os efectos da covid-19
Galicia rexistra un total de 18.885 casos activos por coronavirus
Un total de 134.418 pacientes xa están curados
O secretario xeral de Política Lingüística acompaña a Diana Varela Puñal na presentación da obra 'A conxura'
O libro é o gañador da quinta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, galardón apoiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Feijóo refírese aos empresarios galegos no exterior como “embaixadores privilexiados” do que é a Comunidade e anímaos a seguir traballando para manter a marca Galicia
Resalta que a Comunidade está a recuperar o ritmo exportador previo á pandemia, exportando 590 millóns de euros máis que hai dous anos
A Xunta lembra que axustou os prezos de venda e renda da vivenda protexida de protección autonómica para impulsar a súa construción
O sector traslada a súa colaboración á conselleira para tratar de modificar as condicións que fixou o Goberno central nos programas de vivenda dos fondos europeos
A Xunta saúda a chegada a Santiago do peregrino 50.000 logo de percorrer o Camiño portugués da Costa
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu a María Pilar Acuña no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, ao que chegou cun grupo do proxecto Camiño Verde