Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta patrocina o Sonrías Baixas de Bueu a través da marca Fest Galicia e do Xacobeo 21-22
O festival ofrecerá do 3 ao 8 de agosto seis sesións nocturnas, con dous directos cada unha, nun recinto sectorizado e con equipamentos independentes para unha capacidade máxima de 500 persoas en cada caso
Anxo M. Lorenzo salienta o compromiso da Xunta coa música de cámara cun novo apoio ao Festival Hércules Brass de Celanova
O secretario xeral de Cultura participa na presentación deste ciclo de concertos e cursos de especialización deste xénero musical, que este ano celebra do 3 ao 7 de agosto
A Xunta aposta polas terapias baseadas en actividades significativas a través da súa achega ao programa Reminiscencia da residencia Divina Pastora
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe as instalacións de Vilagarcía de Arousa
A Xunta remata as obras de rehabilitación integral do CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos tras investir case 900.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos, que tiñan o dobre obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e modernizar as instalacións para facelas máis cómodas e accesibles
A Xunta licita por 200.000 euros as obras de mellora da contorna das vivendas do grupo escolar e da piscina de Vilardevós
Nas inmediacións dos inmobles procederase á limpeza e revexetación das zonas comúns e se reparará a pavimentación dos paseos que comunican as cinco vivendas
A Xunta inicia en Maceda as obras de mellora de máis de 10 quilómetros da estrada autonómica LU-546 entre O Corgo e Lugo
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, comprobou hoxe o comezo dos traballos de fresado da calzada
A Xunta colaborará con 13 entidades da provincia no desenvolvemento de programas para mulleres en situación de especial vulnerabilidade
O delegado territorial da Xunta anuncioulle unha achega da Consellería de Emprego e Igualdade de 22.454 euros
Ábrese o prazo de solicitude das bolsas e das 223 prazas ofertadas en residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o vindeiro curso
Esta convocatoria diríxese a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que por razóns de estudo ou traballo se vexan obrigados a permanecer fóra do concello onde residen
A Xunta presenta o primeiro dicionario galego-ruso
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o profesor Aleksandr Dziuba dan a coñecer o volume dixital que recompila preto de 11.000 lemas, que se ha completar ata os 40.000, e está dispoñible de balde no Portal da Lingua Galega
A Xunta colabora co concello de Maceda nas instalacións do servizo de Emerxencias e Protección Civil que serán a sede do novo GES nesta zona
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que acadan preto de 32.000 euros