Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/03/21 | 16:15

As vendas de peixe nas lonxas galegas mantivéronse en 2020 malia as dificultades ante a alerta sanitaria polo coronavirus

O Consello da Xunta analizou hoxe un informe que mostra que as cantidades comercializadas deste grupo de produtos do mar caeron un 2,4% o ano pasado grazas ao esforzo realizado pola frota galega para abastecer de alimentos de calidade á cidadanía

04/03/21 | 16:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o carácter innovador da empresa Nanogap e destaca os seus avances a nivel mundial

O director de XesGalicia, Rubén Aguión, visitou esta mañá as instalacións desta compañía apoiada polo Goberno galego desde 2012

04/03/21 | 15:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a mellora integral do patio interior do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo

O delegado territorial, Luis López, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a directora do centro supervisan esta actuación, orientada a gañar espazo de lecer para os alumnos, sobre todo nas xornadas con climatoloxía adversa

04/03/21 | 15:25 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta avanza a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia

Destaca que se elimina a condición de ser menor de 35 anos para acceder ás axudas

04/03/21 | 15:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comproba o estado das obras no novo centro de saúde de Bouzas e mantén que abrirá as súas portas no primeiro semestre

O obxectivo do Goberno galego con este centro, no que se están a investir 1,4 millóns de euros, é atender ás necesidades dos veciños da Vila de Bouzas que agora reciben asistencia sanitaria en López Mora, Beiramar ou Navia

04/03/21 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o primeiro Plan xeral de xestión e mellora dos servizos públicos do sector autonómico galego 2021-2023

Feijóo sinala que contará con 26 medidas prioritarias repartidas en 10 eixos, que se desenvolverán nos vindeiros 3 anos e serán aplicables tanto á Administración xeral da Xunta como ás entidades instrumentais autonómicas

04/03/21 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aprobación do Plan estratéxico para impulsar o valor ambiental e cultural da paisaxe, cunha mobilización de máis de 40 millóns de euros ata 2024

Salientou que se fixan cinco eixes fundamentais para continuar co traballo realizado ata o de agora para mellorar o estado das paisaxes galegas e incrementar o nivel de sensibilización da sociedade

04/03/21 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza co sector da castaña nos traballos para a creación da unidade dos soutos

Na xuntanza tamén se avaliou a importancia do rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas e analizouse o éxito da loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, entre outros asuntos

04/03/21 | 14:51

Fernández-Tapias destaca a creatividade, enxeño e talento do alumnado do IES Carlos Casares de Vigo, gañador do cartel do 8-M

A delegada territorial visitou hoxe aos escolares de 1º e 2º de ESO deste centro vigués aos que puido felicitar polo seu traballo “Séculos de loita para unha sociedade xusta, democrática e igualitaria” e coñecer outros dos seus proxectos