Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/03/21 | 14:29

A Xunta pide a arquitectos e aparelladores implicación para encher de vida e poñer en valor as vilas galegas grazas aos 72 M€ reservados ás políticas de vivenda

Ángeles Vázquez salienta que este tipo de encontros serven para dar a coñecer á sociedade a batería de medidas e proxectos do Pacto

03/03/21 | 14:27 | C. de Sanidade

García Comesaña fai un chamamento á prudencia aínda que valora positivamente a evolución epidemiolóxica de Galicia

Un total de 165 concellos galegos non rexistraron ningún novo caso por covid nos últimos 7 días

03/03/21 | 14:25

A Xunta continuará financiando o programa integrado de emprego de Compostela Monumental, que acadou un 70% de inserción laboral na súa última edición

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de diplomas da terceira edición desta iniciativa na que se formaron 100 mulleres

03/03/21 | 14:16

A Consellería de Medio Ambiente aproba de forma inicial o Plan básico municipal do concello de San Xoán de Río

Con este son xa tres os municipios que superan este trámite e continúan avanzando co fin de dotarse deste instrumento básico de ordenación urbanística

03/03/21 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega o remolque de emerxencias a Protección Civil de Meis e completa os lotes de equipamentos da provincia de Pontevedra

O delegado territorial, Luis López, asiste en Pontevedra á recepción do material por parte da agrupación, á que tamén acudiu a alcaldesa, Marta Giráldez

03/03/21 | 14:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o impulso fundamental de Emilia Pardo Bazán na historia "inacabada" da igualdade real entre homes e mulleres

Destaca que, neste centenario, a Xunta desenvolverá unha completa programación de actividades para enxalzar a figura de Pardo Bazán e o seu papel de pensadora libre e creadora de primeiro nivel

03/03/21 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 2,3 millóns de euros a execución do novo tanque de tormentas en Cabanas para completar o saneamento da ría de Pontedeume

A actuación, cun prazo de execución de 12 meses, consiste na construción dun tanque con saída de bombeo cara á depuradora de Centroña

03/03/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na dinamización social de Lobios cunha achega para a ampliación do local veciñal de Puxedo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras que se fixeron cunha axuda de case 17.000 euros para potenciar as actividades dunha asociación enclavada no espazo natural da Serra do Xurés

03/03/21 | 13:26

A Xunta promove a formación práctica adaptada ás necesidades do sector marítimo-pesqueiro para impulsar a remuda xeracional

A actividade formativa do centro de formación A Aixola ten unha orientación cara o que sería o traballo real nas empresas

03/03/21 | 13:20 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.686 casos activos por coronavirus

Un total de 105.988 pacientes xa están curados