Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/03/21 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traballa para implementar a intelixencia artificial en todas as etapas do ensino en Galicia

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presidiu a constitución do grupo de expertos, integrado por profesionais das tres universidades e docentes especializados no ámbito tecnolóxico, que deseñará as accións específicas neste campo para incorporar ao sistema educativo galego

03/03/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que co Polo aeroespacial e a Unidade Mixta de ITG e Star Defence Galicia se posiciona na vangarda desta industria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na Coruña na presentación da iniciativa FASTFly 2035, cun investimento de 4 millóns de euros e centrada na intelixencia artificial aplicada ás operacións con drons

03/03/21 | 12:59 | A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao solo industrial poñendo a disposición este ano 1,4 millóns de metros cadrados de superficie bonificada nos seus parques empresariais

Lembra que desde 2015 a Comunidade leva adxudicados un total de 2,1 millóns de metros cadrados cunha bonificación de preto de 65 millóns de euros

03/03/21 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 231.000 euros a habilitar un punto de recollida de residuos e o acceso á EDAR no polígono industrial de Cuíña, en Cervo

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o obxectivo é “ofrecer ás empresas infraestruturas e servizos que lles permitan ser competitivas”

03/03/21 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade
03/03/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias destaca que a Xunta vén de abrir dúas liñas de axudas para apoiar a actividade das axencias de viaxes

O delegado territorial de Lugo explicou que a Administración autonómica destina 3,6 millóns de euros a colaborar co sector na promoción de Galicia, fomentar a transformación dixital dos negocios e financiar gastos de alugueiros e hipotecas

03/03/21 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/03/21 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal avalían a situación na fronteira e o impacto do seu peche na Eurorrexión

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou nunha reunión co presidente da CCDR-N, Antonio Cunha, e representantes das tres Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

03/03/21 | 12:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica os traballos de restauración da igrexa de San Vicenzo de Pombeiro en Pantón por máis de 260.000 €

O templo, declarado Ben de Interese Cultural, é un dos mosteiros máis relevantes da Ribeira Sacra e unha das xoias do románico en Galicia

03/03/21 | 11:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A preestrea do filme 'Nación' de Margarita Ledo Andión abre o venres no CGAI unha nova edición do ciclo 'Olladas de Muller'

Organizado pola Xunta en colaboración co Consello da Cultura Galega no marco da conmemoración o vindeiro luns do Día Internacional da Muller, inclúe seis filmes feitos por e sobre mulleres de diversas nacionalidades