Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina máis de 72.800€ para actuacións para a recuperación e posta en valor do parque natural das Fragas do Eume
Gonzalo Trenor visitou as obras que se están realizando de rehabilitación dun lavadoiro e unha fonte no lugar da Graña en Pontedeume
A Xunta e Castrelo de Miño impulsarán un proxecto de polígono agrario de viñedo de 50 hectáreas neste concello dentro da recuperación de terras no Ribeiro
José González explicou que con este tipo de iniciativas o Goberno galego traballa nunha planificación integral para potenciar o agro desta bisbarra, aproveitando a súa riqueza vinícola e o impulso da Lei de recuperación de terras
A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para fomentar o autoconsumo nos fogares galegos
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación reserva dous millóns de euros a esta convocatoria de concorrencia non competitiva
A Xunta detalla a máis dun cento de concellos o sistema para que poidan repartir con axilidade as súas axudas ao sector da hostalería
A Administración autonómica tramitará os pagos para que os concellos poidan dar directamente as axudas aos beneficiarios do seu propio municipio
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León intensifican os contactos coas organizacións agrarias nacionais para frear a inclusión do lobo no Lesrpe
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os seus homólogos reuniranse mañá por videoconferencia con representantes de ASAJA, UGAM-COAG e UPA
Luis López anuncia que a Xunta licitará esta primavera a construción da senda de Corón, na estrada autonómica PO-549, en Vilanova de Arousa
O delegado territorial realiza unha visita institucional ao municipio e mantén un encontro de traballo co alcalde, Gonzalo Durán, no que tamén se abordaron as sendas da PO-307 e PO-306, proxectos de humanización e melloras educativas
A Xunta pon en valor argalladas e brinquedos ecolóxicos dirixidos á infancia cos audiovisuais ‘Xoguetes naturais’
O secretario xeral de Política Lingüística presentou hoxe os cinco videotitoriais que animan ás familias a botar man da natureza para transmitir o coñecemento tradicional e dinamizar a lingua galega
Conde informa á CEG de que a nova lei de reactivación achegará maior axilidade e seguridade na tramitación de proxectos empresariais
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse hoxe coa Confederación de Empresarios de Galicia para seguir abordando as medidas de recuperación da economía galega
A Xunta achega 400.000 euros para incrementar a axuda no fogar para dependentes no concello de Poio nun 8,5% ata as 41.724 horas anuais
O delegado territorial, Luis López, mantén un encontro co alcalde, Luciano Sobral, e con traballadoras do SAF para informarlles das melloras nesta prestación e da alza de investimentos este ano en Servizos Sociais por parte do Goberno galego