Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata a nova estación de autobuses da intermodal de Santiago mentres ultima as obras da pasarela, culminando neste mes de marzo un investimento autonómico de 12 M€
No que respecta á pasarela, estase cos traballos de instalación do ascensor, que marcarán o final das obras da estación intermodal por parte da Xunta
Portos de Galicia destina 550.000 euros a melloras no peirao de Ribadeo e proxecta unha dragaxe plurianual de 3,8 millóns
A presidenta do ente público respondeu a unha pregunta sobre investimentos no municipio na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento
A Xunta ten en marcha apoios ao marisqueo fronte aos efectos dos temporais e adoptará medidas adicionais en caso de que sexa necesario
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro sinalou que é preciso agardar a ter unha avaliación completa do estado dos bancos e a contar co informe detallado da situación que acheguen os representantes das confrarías
A Xunta incrementou un 60% o orzamento das axudas para paliar os danos do lobo e compatibilizar a existencia da especie coa gandería extensiva
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que nos últimos dous anos o seu departamento destinou 1 millón de euros en axudas para compensar os danos que provoca esta especie da fauna silvestre, ás que tamén hai que sumar as subvencións á prevención
O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa o cumprimento do protocolo ‘Plan de hostalería segura’
Gabriel Alén apelou á responsabilidade e reclamou prudencia ante as imaxes desta fin de semana coincidindo coa flexibilización das restricións derivadas da covid-19
Gabriel Alén reúnese coa presidenta da Asociación APES para estudar futuras liñas de colaboración
Gabriel Alén subliñoulle que “a Xunta ven de aprobar a maior orde de axudas a entidades de inclusión social da historia”, e que destinará 3,4 millóns de euros a 29 organizacións da provincia de Ourense
Feijóo avalía con Repsol as posibilidades que ofrecen os Fondos Next Generation
O presidente explicou polo miúdo o Polo para a Transformación de Galicia e recorda que está aberto á participación das empresas
A Xunta ten xa instalado o mobiliario no edificio da gota de leche para acoller o novo xulgado do social de Vigo desde o 31 de marzo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións onde se ubicará o xulgado nº7 do Social de Vigo de maneira provisional ata o seu traslado de maneira definitiva á Cidade da Xustiza
A Xunta investirá 69.000€ na mellora de instalacións deportivas en Laxe, en Cabana de Bergantiños e na Laracha
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a piscina exterior descuberta no Cabo da Area que contará cunha axuda de 20.000 euros
As oposicións de Educación desenvolveranse en arredor de 16 localidades diferentes nas catro provincias
Os primeiros concellos confirmados, ademais das sete cidades, son Oleiros, Viveiro, Lalín, Vilagarcía e O Carballiño