Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoiará con 37.000 euros a creación do Museo da Pataca en Coristanco
O obxectivo é poñer en valor a pataca de Coristanco, considerando a importancia desta produción na comarca de Bergantiños desde o punto de vista etnográfico, agrario e social e de identificación territorial
A Xunta avanza un investimento de máis de 1 millón de euros no acondicionamento da estrada autonómica PO-546 entre Pontevedra e Marín, na zona de Estribela
O departamento de Infraestruturas traballa na redacción do proxecto de acondicionamento da estrada, prevendo dispor do documento a mediados de ano para iniciar a súa supervisión técnica, que podería requirir de expropiacións
A Xunta executará este ano obras de mellora do firme na estrada LU-170 entre Cabreiros e Momán, no Concello de Xermade, cun investimento de 450.000 euros
Francisco Menéndez explica que se actuará en 5,5 quilómetros, centrándose a intervención no treito comprendido entre o núcleo de Xermade e Cabreiros, coa mellora do firme e a execución de cunetas de seguridade
A Xunta organiza unha webinar informativa sobre o Plan de Hostalería Segura na que participan un milleiro de profesionais
A directora de Turismo de Galicia e o presidente do Clúster Turismo de Galicia participaron no encontro telemático para resolver dúbidas sobre os requisitos que os hostaleiros teñen que cumprir no marco do Plan de Hostalería Segura
A Xunta destaca que os usuarios do transporte marítimo na ría de Vigo aumentaron nun 80% desde 2015 grazas ás bonificacións de ata o 65% no prezo e á gratuidade para menores de 21 anos
Ignacio Maestro detalla que os usuarios dos servizos marítimos teñen os mesmos beneficios que os do autobús grazas á integración do barco na Área de Transporte Metropolitano de Vigo, operativa desde 2015
Ethel Vázquez avanza que este verán se materializarán as bonificacións ás familias numerosas nas autoestradas da Xunta e urxe a aplicación inmediata de descontos nas peaxes da AP-9
Ethel Vázquez salienta que a Xunta estuda varias opcións para que as 27.000 familias numerosas de Galicia teñan descontos nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor, sendo a Comunidade pioneira na aplicación desta medida
A Xunta destina mais de 467.000 euros ao novo albergue de Ferrol, situado nun dos puntos de saída do Camiño Inglés
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe Casa do Mar, situada no porto de Ferrol, onde estará ubicado o novo albergue
A Xunta empraza ao Concello de Cerceda a traballar conxuntamente na busca dunha alternativa industrial para Meirama
Conde asegura que o Executivo galego vai seguir solicitando a máxima implicación da Administración central e de Naturgy para defender o emprego e a actividade industrial na comarca
A Xunta reduce o consumo enerxético do IES Vilar Ponte de Viveiro tras destinar máis de 230.000 euros ás obras de rehabilitación
O delegado territorial, Javier Arias, visitou o centro para comprobar o resultado dos traballos de mellora da eficiencia das instalacións, que xa finalizaron