Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta visita as obras da Casa da Cultura ‘Nelson Zumel’ de Baltar
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dun convenio asinado co concello inviste preto de 50.000 euros no seu acondicionamento
A Xunta adxudica en 368.000 euros a rehabilitación de dous edificios para vivendas de promoción pública no casco histórico de Vilalba
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que o proxecto contribúe a “dinamizar a zona, tanto dende o punto de vista urbanístico como social”
A Xunta inicia o 50 aniversario do Museo do Castro de Viladonga cunha mostra sobre o patrimonio cultural e natural da Vía Rexia
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición, que remata en novembro
Trenor supervisa o inicio das obras do Centro Interxeracional de Coristanco que conta cunha achega da Xunta de 120.000€
O delegado da Xunta e o alcalde visitaron as instalacións na área recreativa da Rocheira, que se están acondicionando para albergar recursos e actividades para maiores e mozas e mozos
A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza en treitos interurbanos de tres ríos ao seu paso polo concello de Mondoñedo
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que as tarefas levaranse a cabo en diferentes puntos dos ríos Masma, Valiñadares e Gontán, ao longo de case dez quilómetros
A Xunta colabora coa Escola de Enxeñería Forestal para a formación práctica do alumnado mediante realidade virtual
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, participaron na presentación do simulador que a Administración autonómica cede ao centro pontevedrés
A Xunta apoia catro actuacións de mellora e conservación do patrimonio natural e cultural en concellos da reserva da biosfera As Mariñas coruñesas
O delegado da Xunta comprobou o resultado das obras na fraga do Xario de mellora das condicións ecolóxicas e ambientais das sendas existentes, nas que o Goberno galego achegou preto de 73.000 €
A Xunta pon en marcha na Cidade da Cultura un programa anual de residencias artísticas para afianzala como viveiro creativo
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a primeira edición que implica ao Centro Dramático Galego e os colectivos RPM, CHARCO e AÏS
Galicia rexistra un total de 4.453 casos activos por coronavirus
Un total de 106.409 pacientes xa están curados