Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por máis de 615.000 euros as obras para a execución dunha senda na estrada autonómica PO-531 na Devesa, no Concello de Pontevedra
A finais deste mes de marzo iniciaranse os actos expropiatorios, co obxectivo de comezar as obras na primavera
A unidade covid-19 do ISSGA, referente no apoio ao tecido produtivo ante os riscos laborais emerxentes derivados da pandemia
A directora xeral de Relación Laborais, Elena Mancha, destacou hoxe en Comisión parlamentaria a adaptación das actuacións no eido laboral do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) á evolución das medidas da covid-19
Galicia conta con casas niño no 75% dos concellos con menos de 5.000 habitantes sen outros recursos de conciliación
A Xunta publicará a semana que vén unha nova orde coa que procura chegar ao 100% dos municipios
A Xunta anima a sumar esforzos para potenciar o empoderamento das mulleres con discapacidade
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nunha webinar de Cermi Galicia sobre muller e discapacidade
Máis de 90 participantes de entidades locais danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa
A directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos , inaugurou a décimo primeira edición do programa “TecEuropa” destinado, nesta ocasión, ás entidades locais galegas
A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-404 no concello de Tui
Os traballos, que comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de 2 meses, suporán un investimento superior aos 32.000 euros
A Xunta achega case 34.000 euros para construír un parque infantil no concello de Fornelos de Montes
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, esta actuación financiada ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público
A Xunta e o Grupo Nove abordan propostas conxuntas para a reactivación da hostalería galega no escenario postcovid-19
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse hoxe con representantes deste grupo que aúna a profesionais galegos referentes da cociña galega de vangarda
Galicia recibirá a finais desta semana 30.000 doses da vacina de Astrazéneca
Galicia é terceira Comunidad Autónoma que máis vacinas administrou en relación coas doses recibidas, con 59.072 pacientes coa pauta completa
Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León, conseguen o apoio doutras seis autonomías e das organizacións agrarias na súa defensa de deixar sen efecto a inclusión do lobo no LESRPE
País Vasco, Aragón, Madrid, Murcia, Andalucía e Ceuta, ademais das organizacións agrarias nacionais e autonómicas, trasladan a súa conformidade coa postura das rexións ao norte do Douro, recollida nunha carta aberta