Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

25/12/22 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un acordo para a mellora do benestar e a diminución da pegada de carbono mediante o uso de madeira nas construcións de centros de saúde

O convenio favorece a creación de contornas agradables que favorezan a sensación de benestar mediante a utilización de madeira

25/12/22 | 11:00 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 3,5 M€ a contratación centralizada do control do tratamento anticoagulante oral

Este material licitouse por un importe de 3,9 millóns e, finalmente, adxudicouse por 3,5 millóns, o que supón un aforro de máis de 430.000 euros, no marco da sustentabilidade económica do sistema sanitario público galego

23/12/22 | 13:57 | C. de Sanidade

Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos da provincia da Coruña colaborarán para a difusión de información e o fomento da doazón de sangue, órganos e tecidos

O colexio pon a disposición de Axencia Galega de Doazón de Órganos e Tecidos, a través das oficinas de farmacia desta provincia, a información sobre as actividades de ADOS
 

23/12/22 | 12:12 | C. de Sanidade

A Central de Coordinación do 061 de Galicia reforza o seu persoal un ano máis ante o incremento da demanda sanitaria no Nadal

O persoal facultativo e teleoperador aumentará durante as datas de maior actividade co obxectivo de axilizar as consultas médicas e optimizar a xestión dos recursos

22/12/22 | 12:56 | C. de Sanidade

A Xunta supervisa o resultado das obras de acondicionamento do centro de saúde de Monfero nas que se investiron 33.000 €

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou as instalacións nas que se substituíu a instalación de fontanería, se repararon os falsos teitos e se procedeu ao pintado exterior e interior

21/12/22 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras de mellora da accesibilidade e da seguridade viaria do edificio hospitalario de Piñor nas que a Xunta inviste máis de 80.500 €

Gabriel Alén explicou que o obxectivo destas intervencións é reforzar a seguridade viaria, favorecer a mobilidade peonil e mellorar os firmes deste centro sanitario

21/12/22 | 13:46 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Carballo asinan o protocolo que permitirá a posta en marcha dun centro integral de saúde nesta localidade

A Xunta incrementará en 1.820 m2 a edificabilidade do actual centro de saúde para amplialo e convertelo nun Centro Integral de Saúde para a comarca de Bergantiños

21/12/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta reforzará a atención primaria cun cento de profesionais para atender persoas que padecen diabete, hipertensión, insuficiencia renal ou obesidade

Lembra que estes dietistas/nutricionistas se suman ás 134 novas prazas de persoal, cuxa contratación xa está incorporada nos Orzamentos de 2023
 

20/12/22 | 18:59 | C. de Sanidade

Galicia afonda no fortalecemento e transformación da Atención Primaria en España con 29 novos plans locais de saúde

Con estes novos plans acádase un total de 43 en toda Galicia, beneficiando a 36 concellos das catro provincias galegas

20/12/22 | 12:34 | C. de Sanidade

Máis de 40.000 persoas fixeron una colonoscopia no Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinala que unha das prioridades do seu departamento é potenciar os programas poboacionais de cribado existentes