Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta asina o contrato de patrocinio de 5.000 euros para a Vig-Bay que neste 2022 regresa con tres distancias
A doce días do peche de inscricións, a carreira conta con 6.200 atletas, dez veces máis que os corredores que tomaron a saída na primeira edición do ano 2000
Fernández-Tapias destaca que o programa Enki consegue rachar cos estereotipos do deporte adaptado
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á celebración destas actividades no campus As Lagoas
Xunta e Clúster avanzan en proxectos para acadar beneficios na economía, no deporte e na saúde de Galicia
Un dos seguintes retos para Galicia será a segunda edición do encontro Interclústeres, que tivo o pasado mes de novembro a súa primeira edición en Extremadura, e para a que a comunidade Galicia foi proposta polo Clúster como sede
O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa distintas actuacións no CPI Virxe dos Remedios e o remate das obras da cuberta do pavillón municipal de Castro Caldelas
Gabriel Alén visitou as obras de reparación da cuberta do patio exterior do colexio e a nova soleira do outro patio do centro, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu en 2021 máis de 47.800 euros e 48.122 euros respectivamente
A Xunta lamenta o pasamento de Magín Froiz, “un pioneiro que traballou de xeito incansable polo benestar galego: desde a economía ata o deporte”
En 1987, xunto a Evaristo Portela, fundou o Grupo Deportivo Supermercados Froiz que está considerado como o “mellor equipo de ciclismo amateur da historia de España con oito campionatos nacionais elite e sub23, colleitando cinco deles de xeito consecutivo”
Lete Lasa destaca o "alcance universal" do deporte galego na recepción a Pilar Barros e Jorge Candán, tres veces campións do mundo de vídeo submarino
Amosa a súa satisfacción polo comportamento das licenzas de actividades subacuáticas durante a pandemia xa que en 2019 eran preto de 3.500 e hoxe acadan xa as 4.500
A Xunta compromete medio millón de euros para a reforma da Sangriña e paliar a situación "inadmisible" que atravesa o Guardés
Lete Lasa alerta do problema que supón para o Guardés atopar un escenario alternativo no que xogar os seus partidos durante o período das obras
A Xunta presume da calidade e igualdade do balonmán galego tras a clasificación dos seus mellores equipos -Guardés e Cangas- para a Copa da Raíña e do Rei
Lete Lasa asegura “que ambos os dous equipos se clasifiquen simultaneamente para unha competición na que xogan os oito mellores equipos de España, é unha noticia marabillosa nun día tan importante de visibilización da igualdade como é o 8 de marzo”