Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

10/04/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A 2ª edición dos Instagrammers no Camiño duplicou o seu alcance con máis de 27 millóns de impactos

Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño e os influencers Xurxo Carreño, Natalia Maquieira e Tamara García Romero foron os participantes desta edición, percorrendo os 100 últimos quilómetros do Camiño Mozárabe-Vía da Prata para conseguir a Compostela

09/04/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará o vindeiro curso un novo ciclo de FP básica dual de cociña e restauración en Sanxenxo para favorecer a empregabilidade da mocidade

A parte teórica impartirase no instituto de Vilalonga, mentres que o Concello adaptará espazos do antigo colexio O Cruceiro para situar neles os talleres

08/04/22 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca as boas previsións para a Semana Santa en Galicia, con zonas cunha ocupación superior ao 80%

Ribeira Sacra e Ourense, con ocupacións por riba do 80%, e os territorios vencellados coa Semana Santa como Santiago, Ferrol ou Viveiro, é previsible que acaden bos resultados de ocupación a vindeira semana

08/04/22 | 12:37

A Xunta ofrece 600 prazas para coñecer Cíes e Ons esta Semana Santa a través de 40 rutas guiadas e gratuítas

As persoas interesadas poderán anotarse en liña na central de reservas do Parque Nacional ou ben o mesmo día da súa visita nas casetas de información das illas

07/04/22 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 650.000€ na posta en marcha dun complexo recreativo en Abegondo para desfrute de veciños, turistas e peregrinos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou o campamento turístico da área recreativa do encoro de Beche e a zona na que se vai construír unha piscina e unha zona axardinada

06/04/22 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca os avances de Galicia como destino termal de referencia grazas á creación de novos produtos e servizos poscovid

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor no Parlamento galego as medidas, accións e programas cos que a Xunta leva apoiando o desenvolvemento do tecido turístico termal

06/04/22 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia súmase á Rede Europea de Xardíns históricos con nove xardíns singulares unidos pola camelia

O máximo responsable do Instituto Europeo das Rutas Culturais, Stefano Dominioni, foi o encargado de facer entrega dos diplomas de certificación que acreditan a integración dos xardíns galegos neste Itinerario Cultural Europeo, certificado polo consello de Europa desde 2020.

06/04/22 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio centenar de taxistas da cidade de Vigo promocionarán o Xacobeo nos seus vehículos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, agradeceu aos autopatróns a súa contribución á divulgación do Xacobeo, “que é bo para os vigueses como é bo para todos os galegos”

05/04/22 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa mancomunidade da Mariña nas novas audioguías ficcionadas para Foz e Cervo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se financian a través do convenio entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios e mellorarán a experiencia dos visitantes