Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/12/22 | 19:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o éxito do programa Xuventude Crea como escaparate do talento e da creatividade artística da mocidade galega

Destaca que as obras dos 350 artistas que participaron nesta edición amosan a pluralidade e a diversidade que caracterizan á sociedade galega

17/12/22 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a apertura da nova estación de autobuses como “unha xornada histórica para Vigo” ao dotar á cidade da conexión intermodal en Urzaiz

A delegada da Xunta en Vigo, o director xeral de Mobilidade e o director xeral da AXI visitaron a terminal tras a súa apertura

17/12/22 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa para mañá por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

Agárdase vento do sur de forza 8 e de forza 9 entre Vilán-Sisargas e entre Fisterra-Sisargas

17/12/22 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas

Inaugurou a peza escultórica realizada por Tatiana R. Fírvida que sitúa ao escritor mindoniense no universo creado pola Fundación Insua dos Poetas para honrar aos clásicos das letras galegas

17/12/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a Susana Rodríguez como a “deportista perfecta” e salienta o apoio da Xunta ao deporte adaptado que en 2023 acadará cifras históricas

Destaca aos 21 deportistas galegos de alto nivel con discapacidade; os 600.000 euros en axudas DGAN a deportistas con discapacidade desde 2009; a igualación das axudas olímpicas e paralímpicas e das axudas dos guías; ou o incremento dos convenios ás federacións que deixará 90.000 euros na Federación Galega de Deporte Adaptado en 2023

17/12/22 | 12:59 | C. de Sanidade

A Xunta lamenta a inacción do Ministerio de Sanidade ante a falta de especialistas médicos

O Executivo galego critica que o Goberno non inclúa na Orde do día do Consello Interterritorial do vindeiro luns, ningún punto no que se aborde o principal problema que sofre o Sistema Nacional de Saúde

17/12/22 | 12:15

Galicia contribúe á mellora da fabricación de materiais compostos de utilidade no sector marítimo-pesqueiro a través da formación dixital

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar participa no proxecto europeo Ditmep, que pretende xerar novas capacidades dixitais sobre as metodoloxías, tanto para formadores como para alumnos

17/12/22 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta que Granisa fai pola innovación, a internacionalización e o aforro enerxético

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta semana as instalacións da empresa no Porriño que este ano está facendo un esforzo en materia de renovables e eficiencia