Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Transporte:

17/11/22 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 10,3 M€ as obras de ampliación da capacidade e de mellora do funcionamento da estación depuradora de augas residuais de Sada

Trátase de incrementar o volume de depuración, minimizar os actuais problemas de vertidos en tempo de choiva e tratar todas as augas residuais xeradas no municipio nun escenario futuro
 

15/11/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 48.000 euros as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra

O obxectivo é dotar dun correcto servizo de abastecemento aos veciños, resolvendo as deficiencias da estación de captación e bombeo, que ocasionan frecuentes avarías que provocan a interrupción da subministración

10/11/22 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 200.000 euros as obras para dotar dun novo sistema terciario a depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal

Os traballos contan cun prazo de execución de 3 meses e teñen como obxectivo optimizar e incrementar as posibilidades de tratamento das augas da depuradora
 

10/11/22 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 270.000 euros a execución do ‘by-pass’ no río Anllóns, en Carballo, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións

A intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, mellorará a capacidade hidráulica do río ao seu paso pola zona de Muíño do Quinto
 

09/11/22 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/11/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta considera que o peor da seca está superado ao constatar un incremento do 800% nos caudais dos ríos nas últimas semanas

A mellora da situación permite desactivar o estado de seca prolongada na Mariña luguesa e na zona de Ortegal e Cedeira, pasando a completa normalidade

05/11/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/11/22 | 12:39 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza nos traballos de construción de novos pozos para o regadío da Limia cun investimento total de case 6 millóns de euros

José González lembrou que as actuacións consisten na construción de 40 novos pozos de sondaxe de auga nesta bisbarra ourensá

03/11/22 | 13:34
01/11/22 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 320.000 euros as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga de Leiro

O obxectivo desta actuación é resolver os problemas da rede de subministración do municipio, coa renovación da tubaxe que conduce a auga desde Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro