Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Transporte:

17/11/22 | 15:16 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanzálles aos representantes do taxi en Galicia unha nova orde de axudas dotada con medio millón para a adquisición de vehículos adaptados, de emisión cero ou eco

A Xunta leva concedidos desde 2016 máis de 4,5 M€ en axudas para incentivar a renovación da frota deste transporte esencial, facilitando a adquisición de taxis adaptados ás persoas con mobilidade reducida e diminuír as emisións, das que se beneficiaron 745 taxistas

13/11/22 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o martes Plan de vialidade invernal na provincia de Pontevedra con 89 profesionais e 400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo

O plan, en servizo desde o día 15, mobiliza nesta provincia 43 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

13/11/22 | 10:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o Plan de vialidade invernal na provincia da Coruña para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo

O plan, en servizo desde o día 15, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 42 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

11/11/22 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para o reforzo da seguridade viaria e a mellora da accesibilidade na estrada OU-536 ao seu paso por Esgos

A actuación supón un investimento de preto de 50.000 € e permitirá dotar o treito comprendido entre os puntos quilométricos 17+090 e 17+200 dun paso peonil regulado con semáforos e beirarrúas en ambas as marxes da vía

09/11/22 | 17:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 7,8 M€ en medidas correctoras para reducir a afección acústica xerada pola rede de estradas autonómicas

O Plan de acción ten como obxectivo realizar un diagnóstico da situación actual e determinar as accións prioritarias no caso de superación dos obxectivos de calidade acústica, a partir da información proporcionada polos Mapas Estratéxicos de Ruído

09/11/22 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as probas para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada para o vindeiro ano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará un total de 8 convocatorias de exames de distintas categorías, aproximadamente unha cada dous meses

08/11/22 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias: “Xa estamos preparados para abrir a nova estación de autobuses en canto o concello remate os apeos do ascensor HALO”

A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Mobilidade visitaron este martes a intermodal viguesa xunto a responsables das concesionarias do transporte

08/11/22 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa tres aparcadoiros disuasorios gratuítos con máis de 200 prazas na periferia de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Ribadumia

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou de que este proxecto, que se somete desde hoxe a información pública, suporá un investimento de case 1,7 M€