Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Gabriel Alén destaca que a FP galega é xa sinónimo de innovación aplicada
O delegado territorial explicou que ‘dende a Xunta poñeremos en marcha unha Estratexia de FP 2021-2030 que responde ao contexto nacional, pero tamén ao internacional, cunhas dinámicas produtivas cada vez máis enfocadas ao dixital ou aos traballadores por conta propia’
Trenor informa de que as axudas da PAC para agricultores e gandeiros ascenderon en 2021 a máis de 23,4 M€ e beneficiaron a máis de 3.800 explotacións da área de Santiago
Portos de Galicia amosa a súa sorpresa ante a negativa dalgúns concellos a colaborar para facilitar a práctica da pesca recreativa nos peiraos
— O ente público traballa cos afeccionados á pesca deportiva na ampliación de espazos e horarios para realizar esta actividade en 29 portos autonómicos dos que en 25 está condicionada á colaboración dos concellos para o auxilio e control desta práctica
Política Social instalará un novo ascensor na residencia de maiores de Ponteareas
O Goberno galego achegará máis de 48.000 euros para levar a cabo esta actuación, que comezará a mediados do vindeiro mes
A Xunta rematará en xuño as obras de rehabilitación da Ponte Nafonso que une os concellos de Noia e de Outes, cun investimento autonómico de máis de 700.000 €
Francisco Menéndez sinala que se está a traballar intensamente, ultimando os traballos do pavimento e avanzando na colocación do novo peitoril en pedra de cantería
A Xunta dá a coñecer o CIS tecnoloxía e deseño de Ferrol a estudantes de secundaria do CPI Pecalama de Tordoia
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañou a alumnos de 3º e 4º de ESO nunha visita a este centro no marco do programa EduTecEmprende
A Xunta licita por máis de 205.000 euros as obras para dotar dun novo sistema terciario a depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal
Substituirase o equipo de desinfección de raios UV, implantarase un sistema de monitorización enerxética, novos elementos no programa de supervisión e control das instalacións e ampliarase o software do sistema de alarmas para avisos
A Xunta lembra que as peaxes da AP-9 foron as que máis subiron de España neste ano e pide que se destinen á AP-53 os cartos non aproveitados das bonificacións
Francisco Menéndez sinala que o Goberno de España deixou sen gastar 38 M€ dos 55 M€ de investimento previsto para os descontos da AP-9 nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021
Ethel Vázquez destaca o investimento de 1 M€ nas novas sendas na Medorra e Paiseo, no Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, cuxas obras se licitan hoxe e se inician en outono
Actuarase na marxe esquerda da vía autonómica, nas zonas que carecen de espazo para o tránsito de peóns, ofrecendo unha importante mellora da seguridade viaria e da mobilidade aos veciños destes tres municipios, ao tempo que revalorizan a zona