Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/04/22 | 13:05 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Arrancan as actividades do nodo CIBER.gal destinadas á mellorar a ciberseguridade do tecido empresarial galego

O vindeiro 27 de abril terá lugar a primeira sesión formativa, neste caso sobre protección de datos, organizada grazas á participación da empresa Altia en colaboración coa Fegamp, e que terá continuidade o 3 de maio cunha actividade de carácter práctico

22/04/22 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor os avances que deu o Goberno galego para mellorar a accesibilidade do camiño

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu no Obradoiro ao presidente da Asociación Jacobea Irún-Bidasoa, José Ignacio Galzacorta, que percorreu xunto ao seu neto o Camiño a cabalo

22/04/22 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia, comunidade convidada de honra no 45 Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o director do evento, Ignacio García, avanzan a programación de artes escénicas galegas que presentará a Xunta

22/04/22 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Betanzos constatan as melloras nos servizos de transporte público do municipio e acordan colaborar para manter o seguimento



A Dirección Xeral de Mobilidade comprométese a analizar a atención ás demandas que poidan quedar pendentes pero pídelle ao Concello que as concrete

Case 1.000 mozos menores de 21 anos do municipio de Betanzos viaxan gratis nos autobuses da Xunta coa tarxeta Xente Nova

O Goberno galego advirte da necesidade de modernizar a infraestrutura e os servizos ferroviarios da liña Ferrol-A Coruña para mellorar a mobilidade dos veciños de Betanzos

Traslada a preocupación polo anteproxecto de Lei de mobilidade sostible, coa que o Goberno de España establece que as diferentes administracións deberán financiar os servizos de transporte que soliciten
22/04/22 | 12:56

A Xunta inicia o proceso de adxudicación de 9 vivendas de promoción pública en Ferrol

Poden optar aquelas persoas que se atopen inscritas no Rexistro único de demandantes de vivenda coa cidade como concello preferente

22/04/22 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese ás oportunidades que está a brindar o Ano Laxeiro para estender o seu legado entre as novas xeracións e fomentar a creatividade

    Agradece a implicación do instituto dezano na divulgación da arte de vangarda dun dos seus conveciños “e levar o nome de Laxeiro por bandeira”

22/04/22 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá preto de 500.000€ na construción dunha pista cuberta no IES Xesús Ferro Couselo de Ourense

O delegado territorial explicou que este contrato tramitarase polo procedemento aberto con tramitación urxente para interferir o mínimo posible no desenvolvemento da actividade docente e dispoñer das instalacións para o inicio do próximo curso 2022/2023

22/04/22 | 12:43

A campaña da Xunta 'Únete ao reto' anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Ordes, Santa Comba e A Laracha

Esta nova iniciativa enmárcase nas accións programadas ata maio nos tres concellos da provincia da Coruña que aspiran a incrementar nun 10% as súas taxas de reciclaxe

22/04/22 | 12:34 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.909 casos activos por coronavirus

Un total de 555.928 pacientes xa están curados