Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Lete Lasa presenta o Alpinche como a "gran obra" do automobilismo galego saída das mans dun alquimista como Estanislao Reverter
Lalao acadou os maiores éxitos do Alpinche que conseguiu vitorias de prestixio como no Rally Rías Baixas (72 e 73), o Rally Rioja Yago (71), o Criterium Luis de Baviera (72) ou o Rally Cidade de Oviedo (72)
A Xunta reforza desde o vindeiro venres 29 de abril a liña de autobús que conecta Ferrol coas localidades de Miño e de Betanzos
Ampliarase ata Betanzos a liña que presta servizo de luns a venres entre Miño e Ferrol, que alonga o seu percorrido e atende tamén os desprazamentos entre as poboacións intermedias
A Xunta entrega material de prevención de incendios a veciños de Cualedro para participar nas tarefas de xestión de biomasa
Entregáronse un motocultor, unha rozadoira de martelos e unha podadora de altura, concibidos todos eles especificamente para a prevención
A Xunta rexeita o reparto das axudas estatais para o vacún de carne por insuficientes e discriminatorias con respecto a outros sectores coma o lácteo
? A Consellería do Medio Rural alegará para que o Ministerio de Agricultura reclame á UE que permita mobilizar fondos do Feader para pagar axudas directas ao vacún de carne
A Xunta continúa a flexibilizar as medidas de seguridade en residencias cun novo protocolo
Os usuarios non teñen obriga de levar máscara, mentres os traballadores, visitas e provedores do centro, si deben levala
Feijóo avanza cunha achega de máis de 40M€ novos proxectos para Vigo como a rehabilitación dos xulgados da rúa Lalín, o novo IES de Navia e a humanización da fachada marítima
Entre as actuacións relacionadas co Xacobeo 21-22, anuncia o desenvolvemento da Ruta Iacobus Maris 2022 que, cunha duración de catro semanas, partirá do porto italiano de Xénova para rematar en Vigo e, desde aí, continuar a pé ata Santiago
A Xunta destina 3 M€ a unha nova liña de axudas para apoiar as pemes do sector biotecnolóxico con menos de 8 anos de antigüidade
Feijóo precisa que Consolida Bio pretende fortalecer as pequenas e medianas empresas do sector, impulsar a súa competitividade e atraer emprendemento tecnolóxico a Galicia
A Xunta investirá preto de 6,5 M€ no desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras aplicadas ás emerxencias sanitarias e sociais, á xestión forestal e dos recursos mariños a través de vehículos non tripulados
Feijóo destaca que dá continuidade ao investimento doutros case 3 M€ para seguir avanzando noutras solucións tecnolóxicas pensadas para mellorar a prestación de servizos públicos e que se desenvolveron no primeiro período do Polo Aeroespacial