Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Desde este momento poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados
Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido á variabilidade das previsións meteorolóxicas
A Xunta avanza nas obras de construción da planta de biorresiduos de Cervo, que dará servizo a 15 concellos desde finais deste ano
A instalación, cun investimento de 6,4 M€, ocupará uns 8.000 m2 e poderá tratar 3.000 toneladas de materia orgánica e producir case 1.500 toneladas de compost
O Sergas publica a relación de admitidos e excluídos e os exentos e non exentos no exercicio de lingua galega no concurso oposición para cubrir 94 prazas de funcionario de saúde pública e administración sanitaria
Resultaron admitidos, con carácter provisional, un total de 1.240 aspirantes para cubrir as 94 prazas que se ofertan
A Xunta achega os apoios para incrementar a competitividade a preto de 470 pemes de toda Galicia
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Abegondo no último encontro de Camiño de futuro, que percorreu 14 localidades galegas nos meses de marzo e abril
O Bono Turístico 'Quedamos en Galicia 2022' xa ten adheridos máis de 800 establecementos de toda a Comunidade e 122 do Salnés
O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentou a nova campaña nunha visita ao Gran Talaso Hotel, que recibíu case 300 tarxetas na convocatoria anterior e ocupou o 12º posto de toda a comunidade
A Xunta recibe 11 ofertas para a redacción do proxecto de da 2ª fase da autovía Nadela-Sarria, entre a Pobra de San Xiao e a conexión coa A-6, que suporá un investimento de arredor de 30 M€
Trátase da redacción do proxecto de trazado, do estudo de impacto ambiental e do proxecto construtivo para executar o treito de 13,5 km que completará o desdobramento da vía de altas prestacións entre Lugo e Sarria
A Xunta inicia traballos de campo para avaliar a calidade dos servizos de transporte público nos que se potencia a participación cidadá
? A campaña dá continuidade á iniciativa posta en marcha o ano pasado por primeira vez en todo o territorio da comunidade e terá unha duración de 7 semanas
A Xunta presenta 14 pezas de vangarda, oito delas inéditas, na oitava edición do festival de teatro, danza e arte en acción ‘Escenas do cambio’
Celebrarase na Cidade da Cultura do 5 ao 8 de maio cun amplo programa de danza, a performance, a música contemporánea, as artes visuais e o teatro máis experimental