Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/04/22 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa unha unidade móbil de información para refuxiados ucraínos que percorrerá as localidades con máis poboación refuxiada durante os próximos meses

Ofrecerá información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral

20/04/22 | 12:31

A Xunta e Ecoembes fíxanse o reto de mellorar os fitos dos últimos cinco anos nos que se entregaron 10.000 contedores para fomentar a reciclaxe

    Ángeles Vázquez salienta que a provincia de Ourense recibiu case 1.150 contedores desde 2017, sumando os entregados esta mañá á Deputación provincial

20/04/22 | 12:12 | C. de Política Social e Igualdade
20/04/22 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete a segunda fase da rede de camiños principais da Concentración Parcelaria de Baión cun orzamento de 1,1 M€

      O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, supervisou esta mañá estes traballos, que supoñen a apertura de 7,5 quilómetros de novas pistas

20/04/22 | 11:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dunha senda na estrada AC-421 entre Valenza e Castrobó, en Coristanco

 Esta actuación, cun orzamento de máis de 30.000 euros, ten como fin mellorar o acceso dos veciños de Valenza a Castrobó, onde se atopan os servizos principais

20/04/22 | 11:24 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Últimos días para solicitar as axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

 O 9 de maio de 2022 rematará o prazo no que poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de acceso a internet de cando menos 30 Mbps

20/04/22 | 11:17 | C. do Medio Rural

A Xunta concede máis de 2,3 M€ a un total de 151 beneficiarios para o coidado de 2.346 hectáreas de plantacións forestais que foron subvencionadas nos últimos anos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas aprobadas ao abeiro da convocatoria deste ano de primas de mantemento das forestacións