Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fabiola García sinala que as casas do maior consolidaron en toda Galicia un modelo de envellecemento "de proximidade, extenso e da máxima calidade"
Na actualidade existen 83 centros deste tipo por toda a Comunidade que ofrecen 415 prazas de atención diúrna a persoas maiores
Os tres centros de Estudos Galegos da Xunta en Portugal unen forzas para impulsar as relacións culturais
O obxectivo é darlle espazo e visibilidade a autores e autoras do mundo académico portugués que tratan sobre diferentes aspectos de Galicia
A Xunta achegou preto de 1 millón de euros a 11 concellos lucenses para rehabilitar 26 vivendas destinadas a alugueiro social
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou na Pastoriza algúns dos inmobles acollidos a este programa, dous deles ao abeiro da convocatoria que está actualmente aberta
A Xunta autoriza o inicio dos traballos para ampliar a superficie comercializable na Plisan en 1 millón de metros cadrados
O futuro desenvolvemento do parque está previsto xa na modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia que se atopa en tramitación
O Hub audiovisual da Xunta impulsa a filmación da película ’13 exorcismos’ en Galicia cun compromiso de gasto de 1,75M€
O director de Industrias Culturais participou na presentación desta longametraxe, que conta co apoio do Goberno galego mediante unha achega de 350.000 euros do fondo de rodaxes do Hub
A Xunta recibe 8 ofertas de empresas para executar a nova senda e a mellora da seguridade na PO-308 entre Fontenla e Combarro, en Poio, cun orzamento de 1,7 M€
A Consellería de Infraestruturas prevé iniciar os traballos en setembro, cun prazo de execución de 18 meses
A Xunta apoia a 27ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na rolda de prensa de presentación desta cita consolidada do calendario cultural galego
A Xunta forma a empregados públicos en materia de fiscalidade internacional
Hoxe comeza na EGAP un curso monográfico dirixido a ofrecer ao persoal empregado público galego unha visión xeral da fiscalidade internacional e comunitaria
A Xunta apoia o cicloturismo en Ourense como pulo para a promoción deportiva e turística da provincia
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentaron hoxe a quinta edición da proba cicloturista Ourense Strade Termal, que transcorre polo parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés