Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Gabriel Alén destaca os máis de 1,5 M€ mobilizados polas empresas de Ourense ao abeiro do programa Galicia Exporta Dixital da Xunta
O delegado territorial subliñou que na provincia de Ourense 24 empresas foron subvencionadas pola Xunta con 871.596 euros que mobilizaron 1.537.928 euros, un 9,25% sobre o total da axuda concedida
Ethel Vázquez anuncia a licitación por 2 M€ das obras de mellora da seguridade viaria na PO-223 e na PO-224, en Santo André de Xeve, que transformarán a mobilidade nesta parroquia do concello de Pontevedra
? Son actuacións integrais que favorecerán unha contorna escolar segura, froito da colaboración con STOP Accidentes e do diálogo coa dirección do CEIP Santo André de Xeve, coa implicación dos propios alumnos do centro
? O proxecto tamén recolle as propostas de mobilidade sostible do Plan de sendas de Galicia na comarca, para enlazar dun xeito máis seguro e sostible os núcleos do Couso e Sobral, unindo os principais equipamentos da zona: o polígono empresarial, o colexio e a parroquia
A Xunta ofrece un novo obradoiro gratuíto sobre a creación de personaxes de ficción para conmemorar o Día do Libro
A través da análise de textos da literatura galega, un total de 15 participantes coñecerán as ferramentas para mellorar a súa destreza da man do escritor Javier Peña
O Atlantic Fest únese á programación do Xacobeo 21-22 da man dos concertos no escenario Xacobeo
A Xunta colabora coa Asociación Cans de Salvamento de Galicia nos operativos de busca e rescate de persoas desaparecidas
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou a importancia da renovación do convenio, a través do que a Xunta achega 15.000 euros en apoio ás actuacións da asociación en materia de protección civil
Fernández-Tapias destaca o salón do automóbil de Vigo como o “escaparate perfecto” para a recuperación dun sector clave en Galicia
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do 30 aniversario da maior exposición comercial do motor da comunidade e segundo de España
A Xunta destaca o compromiso medioambiental do palangre de fondo de Burela ao ser a primeira frota de altura que acada a ecoetiqueta Pescaenverde
Os buques de palangre de fondo da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela poden empregar este distintivo para certificar a pesca responsable no proceso de comercialización da pescada do pincho
Veciñanza de Malpica, Miño, Rianxo e Sobrado verá ‘ás oito da tarde, cando morren as nais’ en Santiago co programa de mobilidade do Centro Dramático Galego
Os catro concellos, así como a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e o IES Audiovisual de Vigo, súmanse á iniciativa promovida pola unidade teatral da Xunta para facilitarlle á cidadanía de todo o territorio galego o achegamento ao Salón Teatro
A Xunta presenta mañá no campus industrial de Ferrol os seus programas de apoio á transferencia de coñecemento e atracción de talento
Na xornada, que se celebrará de 10 a 14 horas no salón de actos Concepción Arenal, informarase sobre o programa Ignicia, que ten apoiado desde o seu inicio 23 proxectos e propiciou a creación de 9 spin-offs