Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/04/22 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia das axudas do fondo de compensación ambiental para contribuír ao desenvolvemento sostible dos concellos tras a covid

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, lembrou hoxe no Parlamento galego que a convocatoria do ano pasado deste fondo permitiu financiar 248 proxectos relacionados coa protección do medio ambiente

20/04/22 | 10:33

A Xunta convoca o programa Talento 30 dirixido a impulsar contratos de formación en empresas para persoas mozas desempregadas

Os incentivos para as entidades beneficiarias que promovan a contratacións de mozas e mozos menores de 30 anos cubrirán os custos salariais durante 12 meses
 
Os apoios irán dos 13.575€ ata un máximo de 20.225€ en función do grupo de cotización ao que pertenzan os traballadores
 
O programa facilitará a contratación de ata un máximo de 900 persoas mozas desempregadas, que ademáis recibirán cualificación en competencias brandas
 
A iniciativa, dotada con 12 M€, insírese no Plan Emprega Xuventude ao que a Xunta destina este 2022 cerca de 52 millóns para dinamizar a contratación xuvenil
20/04/22 | 10:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 12.833 casos activos por coronavirus

Un total de 554.518 pacientes xa están curados
 
A día de hoxe hai 12.195 pacientes en seguimento nos seus domicilios
 
O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
19/04/22 | 18:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subliña o papel cada vez máis destacado da muller no transporte, un sector esencial para o funcionamento económico e social

Vázquez Mourelle pon de relevo o diálogo permanente e fluído que mantén a Xunta co sector, como quedou acreditado co paro da actividade do pasado mes de marzo e iniciativas como a mesa xeral de diálogo impulsada cos transportistas

19/04/22 | 18:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta forma aos empregados públicos para dar resposta aos retos da Administración desde a innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Susana Rodríguez-Campos, participaron esta tarde na apertura da II edición do curso sobre Compra Pública de Innovación

19/04/22 | 17:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen cinco incendios no concello de Agolada

No marco da “operación Fénix”, os axentes detiveron ao presunto autor ata en dúas ocasións en menos de 10 días

19/04/22 | 15:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Programa DAFIS da Xunta de Galicia contribúe a deseñar intervencións específicas para a loita contra a pandemia

As valoracións da plataforma serviron para realizar un estudo sobre os cambios na aptitude física antes e durante a pandemia en nenos e adolescentes, publicado pola revista científica de alto impacto International Journal of Environmental Research and Public Health