Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/04/22 | 15:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta activa a Estratexia Naval 2022-2026 para avanzar cara á recuperación, ao crecemento e á diversificación do sector e aproveitar o Perte aprobado polo Goberno central

Feijóo salienta que o obxectivo é orientar os esforzos dun sector estratéxico nos vindeiros anos, promover a colaboración entre estaleiros e os distintos elos da cadea, e situar Galicia no lugar que lle corresponde ante o Perte do naval

21/04/22 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta outorga 3,7 M€ en axudas para promoción e comercialización de viño e para reestruturación da vide a 80 adegas e produtores da D.O. Rías Baixas

— O delegado territorial, Luis López, informou da concesión destas achegas para mellorar a produción e a internacionalización do sector nunha visita a Bodegas Martín Códax en Cambados
— Dezaseis adegas e o Consello Regulador recibiron 2,1 M€ ao abeiro das ordes para promoción do sector vitivinícola en terceiros países e para elaboración e venda de produtos do viño de 2021
 

21/04/22 | 15:07

A Xunta estudará as achegas do sector para que o Plan reitor das Fragas do Eume fomente un uso sostible turístico e deportivo dos seus recursos

Belén do Campo subliña que o compromiso da Xunta coa promoción do turismo verde forma parte da súa estratexia de protección e divulgación dos espazos naturais

21/04/22 | 15:05

A Xunta destaca os avances da igualdade na economía social onde as mulleres xa avantaxan aos homes na creación de novas cooperativas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron hoxe na xornada Mujeres de Cooperativas organizada por Cooperativas Agroalimentarias de España

21/04/22 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Bono Concilia da Xunta beneficiou a máis de 15.000 familias galegas nos últimos cinco anos

A partir de setembro todas as nais e pais poderanse beneficiar da gratuidade nas escolas infantís de 0 a 3 anos, polo que este é o último curso no que esta axuda está vixente

21/04/22 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta dota a Ribeira de Piquín dun caixeiro automático que prestará servizo a partir de mañá

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a veciñanza poderá sacar cartos, actualizar libretas ou pagar recibos sen ter que desprazarse a outras localidades

21/04/22 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/04/22 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da nova senda na estrada PO-313 entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín, que supoñen un investimento de 650.000 euros

Esta intervención, cun prazo de execución de 9 meses, ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na contorna, favorecer os desprazamentos a pé dos veciños e fomentar a mobilidade sostible

21/04/22 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a proposta dos concellos de Portomarín, Guntín, O Páramo e Paradela para crear unha agrupación de voluntarios de protección civil supramunicipal

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiveron unha reunión con representantes dos concellos para avanzar nun servizo mancomunado que cubra este territorio, atendido na actualidade pola AVPC de Portomarín

21/04/22 | 14:10 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor as 450 prazas gratuítas que ofrecen as casas niño ás nenas e nenos de 0 a 3 do rural galego

O éxito deste servizo levou a Galicia a multiplicar por tres o número de centros desde a primeira convocatoria deste programa, no 2016