Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/04/22 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Cuntis no acto de entrega de carnés a seis voluntarios

O delegado territorial en Pontevedra, acompañado polo alcalde, Manuel Campos, visita a sede da agrupación e formaliza a incorporación de novos integrantes ou a renovación da identificación dalgúns membros da entidade, unha das máis importantes da provincia

21/04/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o valor da formación hostaleira de calidade no 59ª congreso de EUHOFA que se celebra en Santiago

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada da apertura oficial deste congreso internacional que acolle Santiago a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

21/04/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas de empresas para executar as obras de conservación da ponte Ceilán na Ac-550 ao seu paso polos concellos de Noia e de Outes, cun investimento de 505.000 €

Con estes traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, reforzarase a seguridade do peón mediante a substitución da varanda actual por unha nova

21/04/22 | 11:48 | C. de Economía e Industria

Cinco entidades financeiras participan xa no programa da Xunta para que as estacións de servizo poidan facer fronte aos anticipos dos descontos nos combustibles

    Abanca, Banco Santander, BBVA, Sabadell e Caixa Rural Galega son as compañías coas que as empresas do sector poden tramitar xa os seus préstamos

21/04/22 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para dotar de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, que suporá un investimento autonómico de 445.000€

O obxectivo é iniciar as obras en setembro e que a comezos de 2023 estean rematadas para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio

21/04/22 | 11:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 11 empresas para executar a mellora do firme na autovía AG-64 ao seu paso por Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes, cun investimento de 1,5 M€

As obras terán un prazo de execución de seis meses e centraranse no acondicionamento e rehabilitación de firme nos primeiros 40 quilómetros da autovía que une Ferrol e Vilalba

21/04/22 | 10:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.779 casos activos por coronavirus

Un total de 555.343 pacientes xa están curados