Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/04/22 | 12:32

Galicia alerta de que o estado pon en risco o futuro de empresas do mar e doutras edificacións asentadas nos portos autonómicos ao interferir nas competencias exclusivas da comunidade

A Xunta e o sector mostran a súa preocupación ante o informe emitido polo Goberno central sobre o plan especial de Cambados pois cuestiona a presenza en terreos portuarios de actividades tradicionalmente permitidas como a acuicultura e a depuración de produtos do mar

22/04/22 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel clave do turismo e do Xacobeo na recuperación económica de Galicia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, impartiu o relatorio “Impacto do Xacobeo na recuperación económica de Galicia”, no marco da Xunta Territorial da Galicia de Ibermutua Gallega

22/04/22 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as obras de mellora da Casa do Concello de Curtis e a dotación dun vehículo para actuacións de protección do medio ambiente no municipio

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou os proxectos levados a cabo con apoio da Xunta neste municipio, ao que nos últimos anos destinou máis de 1,7M€ para iniciativas coas que mellorar a calidade de vida local

22/04/22 | 11:50

A Xunta destaca a importancia de difundir os aspectos da reforma laboral para que as novas normas poidan aplicarse con "seguridade e claridade"

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na inauguración do webinario Os contratos temporais: por circunstancias da produción, por substitución de persoas traballadoras con dereito a reserva de posto e o contrato de fixo discontinuo

22/04/22 | 11:46

A Xunta apoiará a 59 entidades de iniciativa social na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade cun orzamento de 1,4 millóns de euros

?      O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas axudas dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro

22/04/22 | 09:25 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta permitirá o pago das débedas tributarias mediante transferencia bancaria e xiro postal

O DOG publica hoxe a orde pola que se regulan estes medios de pago

21/04/22 | 20:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha instalación sonora inmersiva xurdida nas residencias artísticas da Xunta protagoniza o arranque do Festival de Música Contemporánea Resis

No marco do festival presentouse a obra ‘THE SELECTOR’ de Igor Silva e ARXIS Ensemble, que xoga coa idea de facer desaparecer o espazo e o tempo, e que se poderá ver na Cidade da Cultura de Galicia ata maio

21/04/22 | 19:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada o seu apoio ao complexo hoteleiro La Cabaña de Palas de Rei para que poida recuperar toda a súa actividade canto antes

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións, que resultaron afectadas por un incendio a pasada semana
 
A Administración autonómica ofrece asesoramento e acceso ás súas liñas de financiamento -a través dos préstamos estratéxicos para pemes- mentres non se executan as pólizas de seguro