Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/04/22 | 13:44 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de preto de 70M€ para a ampliación do CHUS, aumentando un 30% a súa superficie

Precisa que estas obras permitirán aumentar os espazos en 2 dous 3 edificios, o que suporá actuar en áreas como o laboratorio de microbioloxía, o hospital de día, a unidade de mama e a área de endoscopias, ademais da ampliación das urxencias pediátricas e a incorporación de sete novos quirófanos

22/04/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha unha campaña de fomento da lectura coincidindo co inicio das feiras do libro

    Empregando a frase da escritora Emily Dickinson ‘Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro’, esta iniciativa institucional oriéntase a impulsar hábitos de lectura, apoiar ao sector editorial e reforzar a proxección exterior das letras

22/04/22 | 13:29 | C. de Sanidade

A Xunta colabora coa AECC na organización dunha nova marcha contra o cancro en Lugo o 30 de abril

O delegado territorial, Javier Arias, e a presidenta da entidade, María Luz Abella, presentaron a iniciativa, que inclúe unha andaina polo adarve da Muralla e competicións por idades e categorías

22/04/22 | 13:26 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 4,8 M€ en axudas a 113 explotacións agrogandeiras de Deza e Tabeirós coa orde de plans de mellora e incorporación de mozos

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, informou desta concesión nunha visita a Gandeiría Coto, beneficiaria destas achegas en anos anteriores

22/04/22 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa colaboración ao tecido empresarial para reforzar a súa competitividade no actual contexto económico

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia na que subliñou as distintas liñas de apoio do instituto para este ano, baseadas na innovación, no emprendemento, no financiamento e na internacionalización

22/04/22 | 13:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o décimo aniversario do ciclo ‘Danza 3’ con 15 actuacións no marco do Xacobeo 21-22

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e os representantes de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos renovan o convenio de colaboración para a difusión conxunta do baile a música tradicionais

22/04/22 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece o seu apoio a Distribuciones Pako para que poida recuperar a súa actividade canto antes

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta empresa do Porriño que sufriu o pasado mércores un incendio que afectou á nave central

22/04/22 | 13:11 | C. do Medio Rural

A Xunta habilita un visor xeográfico con toda a información sobre os instrumentos de posta en valor recollidos na lei de recuperación da terra agraria de Galicia

Dispoñible no seguinte enlace, o visor proporciona datos gráficos e alfanuméricos das aldeas modelo, dos polígonos agroforestais ou das zonas preferentes para a implantación de polígonos de iniciativa pública mediante o uso de cartografía dixital

22/04/22 | 13:10

A Xunta aproba o primeiro PXOM de Cervantes, que marcará o crecemento urbanístico do concello desde a protección dos seus valores naturais e culturais

O obxectivo do novo instrumento é garantir nos vindeiros 8 anos unha ordenación global do territorio que, sen renunciar á modernidade, preserve os elementos esenciais que o identifican e garanta a explotación racional dos recursos existentes

22/04/22 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta e a Fundación 'La Caixa' afondarán na cooperación para o desenvolvemento sociosanitario, cultural, educativo e científico de Galicia

Feijóo e Fainé asinan un novo convenio polo que se achegan 12,5 millóns de euros este ano e que pon o aceno na mellora da calidade de vida dos cidadáns máis vulnerables