Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/03/22 | 10:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 20.984 casos activos por coronavirus

Un total de 503.829 pacientes xa están curados

18/03/22 | 10:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre este luns o prazo para as solicitudes á nova edición do bono turístico

O DOG publica hoxe a resolución na que se recolle as bases reguladoras para a concesión do Bono Turístico e procede a súa convocatoria para este ano dirixida a todas as persoas maiores de 18 anos, empadroadas en calquera dos municipios de Galicia

18/03/22 | 10:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o carácter precursor de Valver, que desde Colombia abre o camiño ás empresas galegas que queren dar o salto ao mercado latinoamericano

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta compañía en Medellín, referente da automoción galega implantada en Colombia

18/03/22 | 09:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha nova convocatoria das liñas Galicia Exporta con 7,5 millóns que buscan facilitar a presenza das pemes galegas nos mercados internacionais

O programa Galicia Exporta Empresas destina 5 millóns para impulsar plans de internacionalización que inclúen, entre outras accións, a participación en actividades de promoción internacional ou a planificación de axendas de contactos e seguimento de clientes no exterior

18/03/22 | 09:16 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta seguirá reforzando e simplificando a asistencia aos contribuíntes para prestar uns servizos públicos máis áxiles e accesibles

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Plan de control tributario do exercicio 2022

17/03/22 | 18:49

A Xunta aposta en Pontevedra por reforzar a promoción dos valores desde o eido educativo para avanzar cara á igualdade real entre mulleres e homes

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na entrega da primeira edición dos premios Josefa Fariña, unha iniciativa do CIFP A Xunqueira

17/03/22 | 18:31 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia coordina as celebracións do Día de Internet en España, adicado á inclusión e capacitación dixital das persoas maiores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia interveu hoxe na lectura dun manifesto en representación da Asociación Somos digital, da que forma parte.

17/03/22 | 16:58 | C. do Medio Rural

A Xunta notifica as novas parcelas aos 722 propietarios da parcelaria de Val de Camba e abre o prazo de recursos durante un mes

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, asistíu, no Campo da Feira de Río, á reunión informativa cos beneficiarios deste proceso, que recibirán as fichas individuais dos predios de substitución

17/03/22 | 16:42

A Xunta celebra un novo obradoiro en liña para máis de 350 persoas sobre a perspectiva de xénero na clasificación de postos nos convenios colectivos

A Xunta acreditou no que vai de ano a formación de máis de 700 persoas que participaron en obradoiros virtuais de igualdade laboral

17/03/22 | 16:28 | C. de Economía e Industria

Galicia ve en Colombia un socio estratéxico para avanzar na cidade das TIC da Coruña e no Polo Aeroespacial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Medellín nun foro empresarial sobre o TIC