Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/03/22 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre as convocatorias de axudas para salas escénicas e compañías profesionais por 1 M€

O DOG publica hoxe as bases de ambas liñas de apoio, que suman un investimento de
950.000 euros na creación e na exhibición de teatro, danza, novo circo e maxia

18/03/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca que o programa Enki consegue rachar cos estereotipos do deporte adaptado

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á celebración destas actividades no campus As Lagoas

18/03/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento de 13 agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense coa entrega de tendas de campaña de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixeron hoxe entrega deste material habilitado para despregarse en situacións de emerxencia e con facilidade para o seu transporte, montaxe e desmontaxe

18/03/22 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o obradoiro compostelán de percusión tradicional Sanín reflicte o vínculo entre turismo, artesanía, tradición e innovación

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá este taller artesán localizado ao pé do Camiño Francés, especialmente coñecido polos deseños das súas pandeiretas

18/03/22 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o exhaustivo traballo por coñecer e informatizar todas as hectáreas forestais de Galicia

José González puxo en valor a Estratexia de Dixitalización e Descarbonización (D&D), unha iniciativa pioneira na que o uso da tecnoloxía blockchain e da intelixencia artificial contribúe a acelerar os procesos produtivos deste sector, entre outras cousas

18/03/22 | 13:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anuncia a creación dun Plan de formación destinado ao persoal das escolas infantís

Nestas xornadas participaron profesionais de distintos centros galegos que puideron compartir experiencias e debater sobre os retos desta etapa educativa de cara ao futuro

18/03/22 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/03/22 | 13:07 | C. de Economía e Industria

Galicia ve no Polo de Tecnoloxías Cuánticas unha oportunidade para que a innovación contribúa á recuperación sostible e dixital

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Madrid na presentación do Plan complementario de I+D+i en comunicacións cuánticas, que suporá un investimento de 9,6M€ en Galicia