Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias pon ao proxecto téxtil Juan María by Lolola como exemplo dos programas de integración laboral para persoas con discapacidade
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe co alumnado do programa do Centro Especial de Emprego Juan Maria de Nigrán na presentación dunha nova edición deste ciclo de formación dual
A Xunta e a Fundación Paideia renovan a súa colaboración a prol dunha maior profesionalización da música emerxente galega
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o vicepresidente de Paideia Galiza, Guillermo Vergara, asinan un convenio para a organización dun ciclo de xornadas sobre a industria musical e unha nova edición do concurso Sonidos Mans
A Xunta enxalza o apoio do grupo de acción local do sector pesqueiro A Mariña-Ortegal aos percebeiros de Valdoviño para mellorar a súa seguridade
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro comprobou o funcionamento do vehículo anfibio e os sete remolques adquiridos pola Asociación de Percebeiros de Meirás co obxectivo de optimizar os accesos ao mar dos traballadores e a loita contra o furtivismo
Galicia acollerá entre o 5 e o 7 de maio o XV Congreso Internacional sobre a Infancia maltratada
A iniciativa organizada pola Federación de Asociaciones contra el maltrato infantil-End Child Prostitution (FAPMI-ECPAT España) e a Asociación contra o maltrato e o abuso infantil (Amino) celebrarase en Santiago de Compostela
A Xunta dará continuidade á liña de apoio ás empresas de base tecnolóxica que non obtiveran fondos do Neotec
A directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, anunciou hoxe que a Administración autonómica continuará coas axudas para as compañías galegas avaliadas favorablemente na convocatoria estatal Neotec que non obtiveron financiamento por falta de crédito
A Xunta presenta unha nova campaña para previr o risco químico nos centros de peiteado e beleza
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) presentou hoxe no salón de prevención e seguridade laboral Previsel de Ourense esta iniciativa que ten por título ‘Corta o risco químico, peitea con seguridade’
Galicia é a comunidade con maior dinamismo na creación de cooperativas, cun aumento do 9% en catorce anos fronte ao 1,5% da media estatal
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu en Madrid, no acto do 10º aniversario da Lei de economía social
A Xunta fai un balance "agridoce" da Conferencia Sectorial de Agricultura e pide ao Ministerio "máis valentía" á hora de actuar fronte a venda a perdas
A Xunta apoia as peticións que vai facer o Goberno central diante da UE -e que coinciden en parte coas que xa levaba Galicia a esta reunión-, pero sae “decepcionada” pola pouca disposición de Madrid a actuar no seu marco de competencias
A Xunta adxudica por preto de 1 M€ as obras da senda peonil na estrada PO-549 no lugar de Corón, en Vilanova de Arousa
Reforzarase a seguridade viaria desta vía autonómica que conecta Vilanova e Vilagarcía de Arousa, regulando os espazos diferenciados para vehículos e para peóns
Miranda traslada aos galegos de Venezuela as accións que a Xunta desenvolve para favorecer o retorno a Galicia
O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa colectividade galega en Caracas á que informou da convocatoria aberta para solicitar bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nas universidades galegas
Nesta reunión, Miranda trasladoulles outra serie de programas complementarios en materia acompañamento aos retornados