Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/03/22 | 11:30

A Xunta investiu 2,6M€ en 2021 para apoiar a 300 pemes e autónomos na promoción da igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución deste programa de axudas coas que o Goberno galego financia, entre outros, a elaboración e contratación de asesores para a implantación de plans de igualdade, o fomento do teletraballo e a aplicación de medidas para a flexibilidade horaria, así como a promoción da RSE

17/03/22 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 221.000€ as obras para dotar de abastecemento o núcleo de San Cristovo, no concello de Paderne de Allariz

A actuación enmárcase na colaboración entre a Xunta, que executará e financiará as actuacións achegando o 80%, e o Concello, que asumirá o 20% restante e o mantemento das instalacións

17/03/22 | 11:15

A Xunta agradece a implicación de Boborás por instaurar o fermosismo e a humanización no concello

Vázquez Mejuto recordou que na primeira convocatoria de axudas para evitar impactos paisaxísticos, o municipio recibiu unha axuda de case 10.000 euros para levar a cabo unha mellora e intervención dun lavadoiro

17/03/22 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste 100.000 euros en realizar traballos preventivos nos montes de Lugo, Láncara e o Páramo

As accións enmárcanse no Plan preventivo da Consellería do Medio Rural, que contou cun orzamento de case 30 millóns de euros no ano 2021 para actuar en máis de 58.000 hectáreas e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación

17/03/22 | 10:44 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 20.127 casos activos por coronavirus

Un total de 502.536 pacientes xa están curados

17/03/22 | 10:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta arranca en Vigo as actividades da mostra 'Percorrer o tempo' con reputados creadores visuais

A Premio Nacional de Fotografía Cristina de Middel e a galega Bandia Ribeira ofrecerán esta fin de semana un obradoiro para as persoas interesadas na práctica fotográfica, para os que xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes

17/03/22 | 10:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta asegura ao presidente Duque que Galicia e Colombia teñen a oportunidade de identificar ámbitos e proxectos a futuro nos que ir da man para xerar alianzas duradeiras

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co dirixente colombiano, Iván Duque, correspondendo así á invitación realizada o pasado mes de setembro durante a súa visita a Santiago de Compostela

16/03/22 | 20:38 | C. de Sanidade

Galicia insiste na necesidade de adoptar medidas de xeito urxente para paliar o déficit de profesionais en medicina de familia

Esta foi a postura defendida hoxe polo conselleiro de Sanidade na reunión do pleno da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde, celebrada en Santiago, e presidida pola ministra de Sanidade

16/03/22 | 19:15 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno

Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos residentes en Venezuela