Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a carreira Xacorun, que convida a coñecer o camiño entre Sarria e Portomarín a través do deporte
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, que organiza o Club Pretorianos o vindeiro sábado e conta con máis de 200 persoas inscritas
A Xunta inviste preto dun millón de euros na renovación e mellora dos pantaláns para profesionais do Porto da Pobra do Caramiñal
A presidenta de Portos de Galicia visitou os traballos que están xa en execución coa substitución do pavimento por madeira tecnolóxica e incluirán, entre outras actuacións, a dotación de novos fingers para ampliar o tamaño das prazas de amarre
A Xunta realiza na Coruña unha proba co primeiro autobús de hidróxeno renovable que se incorporará ao transporte público interurbano de Galicia
O vehículo foi testado esta mañá na liña de transporte metropolitano que une o aeroporto de Alvedro co centro da Coruña
Os concellos xa poden solicitar as axudas aos centros de información á muller, para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o programa da Xunta, dotado con 6,2 millóns de euros, que permitirá aos concellos, consorcios ou mancomunidades, poñer en marcha programas contra a violencia de xénero e/ou a explotación sexual e para facilitar a corresponsabilidade e a igualdade
A Xunta recibe máis de 150 solicitudes para impulsar proxectos non agrícolas de emprendemento no rural galego
A través do Galicia Rural Emprende, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación destina 2 millóns ao programa Galicia Emprende Rural, unha iniciativa que promove actividades en zonas rurais en sectores como o TIC, arquitectura ou veterinaria, artesanía e comercio polo miudo ou restauración
Galicia rexistra un total de 19.589 casos activos por coronavirus
Un total de 501.002 pacientes xa están curados
Cada galego reciclou en 2021 medio quilo máis de envases de vidro, ata acadar unha media de 18,8 quilos
No conxunto da comunidade a recollida deste tipo de residuos ascendeu a 50.732 toneladas, un 2,7% máis que no ano anterior; o que supuxo depositar máis de 190.000 envases cada día ou 330 envases por minuto
Conde pon en valor que o contract leva polo mundo a Marca Galicia Calidade e destaca a súa influencia en Colombia
Conde cualifica o edificio Ágora como un caso de éxito do contract galego que demostra a capacidade de innovación das empresas que traballan neste sector
A Xunta recupera 'De Tapas por Galicia' para poñer en valor a profesionalidade da restauración galega
Os chefs gañadores dos certames de tapas das sete capitais galegas competiron hoxe na Cidade da Cultura polo premio ao mellor petisco da comunidade galega
Román Rodríguez enxalza a contribución da investigación académica para manter vivo o legado de Pardo Bazán
O conselleiro de Cultura asiste á presentación dun novo ensaio sobre a autora, obra do catedrático da Universidade da Coruña José María Paz Gago