Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/03/22 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a apertura do período de matrícula nas escolas infantís para o primeiro curso no que serán gratuítas para todos os nenos

Destaca que Galicia convértese así na primeira comunidade cunha educación infantil universal

16/03/22 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fomenta o turismo familiar no Camiño a través da iniciativa ‘Escape Room Xacobeo’

Celebrarase entre marzo e maio en catro albergues públicos de peregrinos dos Camiños Inglés, Portugués da Costa, Mozárabe-Vía da Prata e Francés

16/03/22 | 13:52

Galicia urxe ao Goberno central a convocatoria dunha Conferencia Sectorial de Pesca para definir medidas de apoio inmediato ao sector ante a suba do gasóleo

A titular de Mar destaca a necesidade de actuar con celeridade e lembra que o presidente da Xunta xa propuxo a pasada fin de semana na Conferencia de Presidentes a posibilidade de baixar de xeito xeneralizado o IVE dos hidrocarburos ata situalo no tipo reducido ou no superreducido

16/03/22 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás pemes do sur da provincia de Ourense instrumentos de apoio para potenciar a súa competitividade e crecemento

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Allariz na segunda etapa da iniciativa Camiño de futuro na provincia de Ourense

16/03/22 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fai partícipe do Ano Santo a toda a cidadanía galega cunha nova edición de “O teu Xacobeo”

O DOG publica a terceira convocatoria desta iniciativa que busca poñer en valor o Camiño de Santiago e reforzar a súa promoción a nivel internacional

16/03/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta garantirá o correcto funcionamento da estación de autobuses de Ponteareas tras romper o concello o acordo para o seu uso municipal con fins sociais

A Consellería de Infraestruturas adxudicou en febreiro a explotación das terminais de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por máis de 2,4 M€

16/03/22 | 13:36

A Xunta destaca en Previsel a importancia de facer fronte aos riscos laborais emerxentes e presenta dúas iniciativas sobre o uso de nanomateriais e amoladoras

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe en Ourense na inauguración do 15º Salón de Prevención e Seguridade Laboral de Galicia, un escaparate especializado para aunar coñecementos e esforzos no eido da prevención

16/03/22 | 13:20

O Plan galego de formación para o emprego supera este ano os 100 M€ para adecuar a cualificación dos traballadores ás demandas do tecido produtivo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela na reunión temática do consello asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

16/03/22 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia converterase este ano no referente da maxia mundial da man do Xacobeo 21-22 con máis de 220 actuacións nun cento de concellos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron esta mañá na presentación do Festival Mundial do Ilusionismo “Galicia Ilusiona” que se celebrará entre o 1 de agosto e o 15 de outubro

16/03/22 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros