Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/03/22 | 17:15 | C. de Sanidade

Sanidade recomenda non practicar actividades ao aire libre por mor das partículas de po en suspensión procedentes do Sáhara

A poboación que pode verse máis afectada pola mala calidade do aire, debido á elevación das partículas en suspensión, son as persoas con enfermidades pulmonares ou cardiocirculatorias, principalmente asma ou EPOC, as persoas anciás, nenos e mulleres embarazadas

16/03/22 | 17:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta inaugura en Bogotá o único fito conmemorativo da ruta Xacobea situado a máis de 3000 metros de altura

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destaca que nunca un símbolo xacobeo luciu, como este no santuario do Señor de Monserrate, desde un punto xeográfico tan elevado; concretamente, a 3172 metros sobre o nivel do mar

16/03/22 | 16:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor no exterior a industria audiovisual galega cos 58 títulos do seu catálogo ‘Films from Galicia’

Ofrece unha imaxe competitiva e internacional do sector para a súa promoción exterior, que apoia coa organización de misións comerciais e coa convocatoria de axudas para a difusión en foros de negocio especializados e festivais

16/03/22 | 16:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Insua dos Poetas acollerá a celebración polo Día Mundial da Poesía co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participa no Carballiño na presentación do programa para festexar a efeméride da Unesco o próximo luns 21

16/03/22 | 15:16 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social habilita un punto de información para a xuventude no campus universitario de Pontevedra

Este informa dos programas, recursos e servizos de interese aos estudantes das universidades galegas

16/03/22 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Asociación de Veciños Partovia do Carballiño con diversas melloras

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

16/03/22 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que o Bono turístico da Xunta inxectou o ano pasado 1,3 M€ ao sector na provincia de Lugo

O delegado territorial explica que o concello no que máis se gastou foi Lugo, seguido de Viveiro e Pantón

16/03/22 | 14:45 | C. do Medio Rural

Galicia demanda ao Estado medidas urxentes, resolutivas e extraordinarias fronte a venda a perdas no agro

As reclamacións xiran arredor da necesidade de dotar de liquidez ás explotacións, de evitar o desabastecemento de cereal, de conseguir a suba dos prezos pagados en orixe aos gandeiros, de ampliar as superficies destinadas á plantación de cereais e de mellorar a situación dos agricultores e gandeiros en materia fiscal

16/03/22 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras para a execución dun itinerario peonil e a mellora da drenaxe na estrada OU-540 na Manchica, no concello da Merca

A intervención, cun investimento de máis de 48.000 €, mellorará a accesibilidade e o tránsito peonil e as condicións de drenaxe en dous treitos desta vía autonómica

16/03/22 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso e apoio á Cooperativa Agraria de Forcarei como “un dos motores do sector primario na provincia”

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reúnense coa nova presidenta, Rocío Corral, que é a primeira muller que dirixe a entidade de Terra de Montes