Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/03/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Santiago

O obxectivo do exercicio foi analizar a coordinación dos distintos colectivos e a capacidade de resposta a unha emerxencia aeronáutica, ao mesmo tempo que se ensaia a activación do Platerga en nivel 2 e o plan de autoprotección do aeródromo

16/03/22 | 12:57 | C. do Medio Rural

A Xunta controlará vía satélite as cortas de madeira realizadas nos montes galegos

José Luis Chan recordou que en Galicia córtanse ao ano preto de 10 millóns de metros cúbicos de madeira, máis da metade do volume de corta en España, e que o número de solicitudes de corta supera as 55.000 ao ano

16/03/22 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concedeu máis de 40M€ nos últimos anos para financiar 1.400 proxectos ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou hoxe no Parlamento galego que esta liña de axudas mellora a calidade de vida nos concellos galegos contribuíndo a xerar emprego e fixar poboación a través de espazos adecuados para a prestación dos servizos públicos

16/03/22 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A aula gastronómica Galicia Calidade achega ao estudantado do IES Vilamarín a excelencia dos produtos certificados pola marca

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiu á masterclass do cociñeiro Javier Outomuro para 40 alumnos e alumnas de ciclos vinculados á hostalería do centro educativo ourensán

16/03/22 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza a construción do novo instituto de Navia, cun investimento de preto de 12M€ e capacidade para arredor de 700 alumnos

Co fin e axilizar os trámites e proceder canto antes á licitación, o Goberno galego proponlle ao Concello a colaboración para a cesión de terreos e garantía de permisos municipais

16/03/22 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras de dúas novas sendas en Montealegre e en Valdorregueiro, en Ourense, cun investimento da Xunta de case 1,6 M€

Executaranse 2,2 km de itinerarios nas marxes das estradas OU-101 e OU-150 para favorecer a mobilidade dos veciños destes dous núcleos en condicións de seguridade, xa que actualmente estas vías non dispoñen dun espazo propio para o tránsito de peóns

16/03/22 | 12:12 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración e as entidades galegas en Venezuela analizan as liñas de colaboración dos próximos meses

Antonio Rodríguez Miranda mantivo en Caracas un encontro cos máximos responsables da Hermandad Gallega de Venezuela, do Centro Gallego de Maracaibo, da Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, cos que analizou a actual situación das entidades tras estes dous anos de pandemia

16/03/22 | 12:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anuncia un investimento de máis de 2,5M€ para mellorar a accesibilidade do centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña

O delegado da Xunta destacou que a Xunta está á espera da concesión de licenza municipal, solicitada hai máis dun ano, para licitar a obra e iniciar os traballos o máis pronto posible

16/03/22 | 11:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta duplica espazos e servizos nos dous andares que ocupa a Fiscalía Provincial de Pontevedra

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe unhas instalacións que duplican a superficie que tiñan nos xulgados da Parda e que pasan a ocupar dous andares con máis espazo para despachos, oficinas e arquivos