Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ampliará a súa rede de escolas infantís coa apertura en setembro do novo centro da Guarda, que ofrecerá 41 prazas para nenos de 0 a 3 anos
Trala entrada en funcionamento deste novo recurso de conciliación serán máis de 200 os pertencentes á rede pública autonómica
O secretario xeral da Emigración agradece o labor e o apoio das oficinas sociais dos centros galegos de Venezuela
Antonio Rodríguez Miranda visitou a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e aproveitou para recordar que permanece aberta a liña de apoio económico social deste departamento para axudar ás familias galegas residentes no exterior que se atopan nunha situación económica precaria
A Xunta e a Escola de Organización Industrial impulsarán 20 novos proxectos emprendedores vencellados ás industrias culturais e ás TIC
Arranca a sexta edición dos Coworking IGAPE-EOI co inicio das actividades formativas na aceleradora da Cidade da Cultura, á que se suman outros 10 espazos en distintos puntos de Galicia
O Consello de Turismo de Galicia informa favorablemente sobre o novo mapa de xeodestinos
Esta entidade participativa constituída por axentes públicos e privados do ámbito turístico galego reuniuse para dar conta dos principais fitos e novidades que afectan ao desenvolvemento do sector en Galicia
A Xunta garante a escolarización inmediata dos nenos ucraínos en idade escolar acollidos en Galicia
A Consellería de Educación envía unha resolución aos centros coa habilitación dun procedemento extraordinario de incorporación ás aulas deste alumnado
Garantiranse os servizos gratuítos de transporte, comedor e o material escolar necesario
A delegada da Xunta en Ferrol lembra a importancia de poñer a disposición dos cidadáns todas as ferramentas para garantir os seus dereitos como persoas consumidoras
Martina Aneiros entregou os premios do Concurso da “Tarifa da Luz” a dous alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrol
A Xunta e os concellos abordan a gratuidade das escolas infantís municipais para todas as familias a partir do próximo curso
O Goberno galego insta ás Administracións locais a adaptar as súas ordenanzas fiscais para que os usuarios dos centros municipais se poidan beneficiar desta medida pioneira
Fabiola García sinala que máis de 400 persoas en risco de exclusión atoparon emprego grazas aos programas de Cáritas
Destaca que o Goberno galego financia estes cursos a través da orde de axudas a entidades e da orde con cargo á casilla social do IRPF