Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/03/22 | 13:42

Galicia defende medidas específicas para o sector pesqueiro ante a alza do prezo dos carburantes

Rosa Quintana lembrou que esta demanda foi trasladada pola comunidade galega na Conferencia de Presidentes celebrada a pasada fin de semana e na que o presidente da Xunta tamén solicitou baixar os impostos que gravan os carburantes, a electricidade e o gas

15/03/22 | 13:32 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía e mellora a dotación do persoal de loita contra os incendios forestais cunha entrega de roupa e botas a preto de 560 profesionais

José González destacou que esta medida suporá un investimento de arredor de 1,2 millóns de euros

15/03/22 | 13:32 | C. de Economía e Industria

Luis López destaca o “gran exemplo empresarial”de Celtic Estores e Bandalux en innovación e internacionalización

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado polo alcalde de Moraña, José Cela, visitou as instalacións do grupo co CEO de Bandalux Group, Miguel Comesaña, e coa responsable de administración de Celtic Estores, Juana Rodríguez

15/03/22 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A directora de Augas de Galicia destaca que a Xunta emendou en 2021 un total de 169 puntos de vertido na ría de Arousa, 12 máis que o ano anterior

Explica que a emenda de focos é posible grazas ao Plan de Control de Vertidos da Xunta, un servizo de atención de alertas as 24 horas do día, coordinado co 112

15/03/22 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello de Oia reforzan a súa colaboración para mellorar as infraestruturas rurais deste concello pontevedrés

Inés Santé tratou coa rexedora a posibilidade de avanzar na rede de infraestruturas de ocio deste municipio

15/03/22 | 13:23 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta subliña o seu compromiso para garantir servizos financeiros de calidade a todos os cidadáns con independencia do seu lugar de residencia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos visitou hoxe os servizos financeiros que a Xunta vén de poñer en marcha en Chandrexa de Queixa

15/03/22 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación hoxe da redacción do proxecto construtivo que completará a autovía Nadela-Sarria, cuxa primeira fase se atopa ao 60% de execución e se porá en servizo en outono

Trátase da redacción do proxecto de trazado, do estudo de impacto ambiental e do proxecto construtivo para executar o treito de 13,5 km, entre A Pobra e a conexión coa A-6 en Nadela

15/03/22 | 13:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta desenvolve un novo programa de encontros en liña para reforzar a información ás persoas consumidoras

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visita o punto informativo situado no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela con motivo do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras

15/03/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as probas de circulación de autobuses na estación intermodal de Vigo

A delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, supervisaron as manobras realizadas en coordinación coa concesionaria do servizo

15/03/22 | 13:08 | C. de Economía e Industria

Trenor visita o stand informativo da Xunta coincidindo co Día das persoas consumidoras

O delegado da Xunta destacou que a mocidade está cada vez máis concienciada co prezo da luz e coa importancia de acender o botón de aforrar