Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/03/22 | 14:29 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello de Carballeda de Avia avanzan na implantación do primeiro espazo agrario de experimentación que se desenvolverá no marco da Lei de recuperación da terra

Segundo o tratado entre Inés Santé e o rexedor, a iniciativa implementarase en parte da aldea modelo de Muimenta e centrarase probablemente na horta ecolóxica

15/03/22 | 14:24 | C. de Política Social e Igualdade
15/03/22 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Goberno central apostan pola coordinación entre todas as administracións e entidades implicadas para garantir a axuda ás persoas desprazadas de Ucraína

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participaron xunto co delegado de Goberno en Galicia, José Miñones, nunha reunión para abordar a crise humanitaria derivada do conflito en Ucraína

15/03/22 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/03/22 | 14:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta tramitou en dous anos máis de 8.300 consultas e reclamacións na oficina do Instituto Galego do Consumo en Lugo

As telecomunicacións son o sector que centra máis xestións, cunha terceira parte do total, seguido da enerxía, que supón máis do 16% das tramitacións

15/03/22 | 14:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia aborda co Goberno colombiano a posibilidade de abrir vías de colaboración no sector naval e aeroespacial

Francisco Conde propón ao viceministro de Defensa de Colombia, Gustavo Niño Furnieles, que unha delegación do país sudamericano visite as instalacións do Centro de Excelencia do Sector Naval (Cesena) en Ferrol e o Polo Aeroespacial de Galicia en Castro de Rei con vistas a abrir futuras vías de intercambio

15/03/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada OU-304 en Tixós, no concello de Baltar

A intervención, que conta cun investimento de preto de 50.000 euros, céntrase na execución de novas beirarrúas na zona e dispón dun prazo de execución de 4 meses

15/03/22 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Entra en servizo unha rede de 28 fontes públicas de auga potable nos 18 concellos do Camiño de Santiago Inglés

As fontes están dirixidas a cubrir as necesidades de consumo de auga dos usuarios do Camiño Inglés e tamén dos veciños de cada municipio

15/03/22 | 14:02 | C. de Economía e Industria

Gabriel Alén subliña o novo programa da Xunta de encontros en liña para reforzar a información ás persoas consumidoras

O delegado territorial da Xunta visita o punto informativo situado na Praza de Abastos de Ourense con motivo do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras

15/03/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca en Pontevedra o traballo e as ferramentas da Xunta para a defensa dos dereitos dos consumidores

O delegado territorial reafirma o compromiso do Goberno galego cos cidadáns na adquisición xusta dos seus produtos e servizos e informa das opcións para a restitución dos seus dereitos a través das oficinas autonómicas de Consumo