Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/03/22 | 19:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta apoia ao sector galego da construción na demanda de medidas urxentes ao Goberno de España ante unha situación que ameaza miles de empregos e impide a recuperación económica

O Goberno galego e os representantes da construción pasaron revista á situación das obras afectadas pola falta de materiais como o aceiro, o ferro ou as tubaxes, que impide o avance na execución

18/03/22 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia demanda unha canle específica para a participación rexional na aplicación do acordo de comercio e cooperación entre Reino Unido e a UE


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha reunión do Grupo de Contacto entre o Comité Europeo das Rexións e Reino Unido celebrada en Cardiff

18/03/22 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Apetamcor demandan ao Goberno de España que declare corredores seguros de transporte para servizos esenciais e dialogue coa plataforma que promove o paro

O Goberno galego comparte a preocupación pola asfixia do sector do transporte, debido á escalada de prezos dos carburantes que os obriga a traballar a perdas

18/03/22 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno central, en colaboración cos concellos, entidades sociais e ONGD, avanzan na coordinación da axuda a Ucraína

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou na primeira xuntanza do Comité Galego ante a crise de Ucraína xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; ademais do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e membros de entidades sociais e de organizacións non gobernamentais

18/03/22 | 14:58

Luis López destaca o traballo e a educación en valores do CEIP de Marcón a prol da igualdade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita o colexio pontevedrés e mantén un encontro con Nadia Fernández, premiada no concurso escolar de carteis da Xunta polo 8 de Marzo, e cos seus compañeiros de 1º de Primaria
 

18/03/22 | 14:46

A Xunta urxe á Delegación do Goberno en Galicia a que actúe diante da parálise do sector primario e para que se declaren servizos esenciais na folga do transporte

O Executivo galego insta ao Goberno central a que, dentro das competencias que lle corresponden, mobilice as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para escoltar aos transportistas que non secundan o paro

18/03/22 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica OU-193 no Casal, no concello de Cortegada

A actuación, que conta cun investimento de máis de 48.000 euros, céntrase na execución de novas beirarrúas na zona

18/03/22 | 14:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta asina o contrato de patrocinio de 5.000 euros para a Vig-Bay que neste 2022 regresa con tres distancias

A doce días do peche de inscricións, a carreira conta con 6.200 atletas, dez veces máis que os corredores que tomaron a saída na primeira edición do ano 2000