Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta fai entrega de 19 vehículos pick-up a agrupacións de voluntarios de Protección Civil
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá no Obradoiro dos novos vehículos
A Xunta invita á cidade de Vigo e a súa área a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda
Este é o segundo encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia de Pontevedra e terá lugar o luns, 21 de marzo, ás 10,30 h, na Delegación Territorial de Vigo, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
Galicia instou ao Goberno central a regular as estancias temporais dos menores que veñan de Ucraína para poder ofrecerlles cobertura xurídica
Tamén solicitou que se establezan uns criterios comúns á hora de validar a idoneidade das familias acolledoras de persoas ucraínas, para evitar diferencias entre comunidades autónomas
A Xunta remata as obras de mellora do abastecemento en varios núcleos do concello de Castrelo de Miño, tras un investimento de 40.000 euros
A titularidade das novas infraestruturas hidráulicas xa foi entregada ao Concello
A Xunta prestou asistencia a máis de 281.000 contribuíntes no ano 2021
Desde maio de 2021 a Atriga unificou a atención telefónica nun número único de Información ao contribuínte co fin de mellorar e facilitar o acceso dos cidadáns á información tributaria
A Xunta destina preto de 100.000 euros a arranxar camiños municipais do concello lucense de Chantada afectados polo pedrazo
As obras -enmarcadas no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural- localízanse nas parroquias de San Fiz de Asma e Santa María de Pesqueiras
A Xunta recibe 11 ofertas de empresas para executar unha nova depuradora e mellorar o saneamento na parroquia de Arca, no Pino, cun investimento de 2 M€
As obras, que comezarán en verán, beneficiarán a 5 núcleos desta parroquia: O Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón, que na actualidade contan con dúas fosas sépticas que funcionan deficientemente, provocando vertidos frecuentes ao medio
Sanidade celebra a I Xornada de Actualización sobre Trastornos Aditivos
Profesionais de prestixio internacional no eido da atención ás adicións xuntáronse en Santiago no primeiro encontro destas características en Galicia
A Xunta investiu 13.000 euros na mellora da fonte do Piñeiro, na contorna do Camiño de Inverno en Pantón
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego apoiou a obra con cargo á orde de axudas para embelecemento de bens situados na ruta xacobea, que ten aberto ata o día 23 o prazo de presentación de solicitudes da nova convocatoria
A Xunta enxalzará no I Encontro do Viño Galego que se celebra a semana vindeira en Santiago os viños, augardentes e licores tradicionais amparados por selos de calidade
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración cos consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, participará no Túnel do Viño con máis de 200 referencias, así como co espazo Experiencias de Calidade