Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/03/22 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O audiovisual galego amósase no Festival de Málaga con nove títulos en proxección e presenza na área de industria co apoio da Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu á estrea de Código Emperador, de Vaca Films, película escollida para a gala de apertura do certame especializado en cine español e iberoamericano

20/03/22 | 12:24 | C. do Medio Rural

A IXP Pan Galego protagonizará un concurso de debuxo escolar a semana vindeira e estará presente no próximo partido entre o Club Baloncesto Ourense e o Club Ponferrada

A través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, no encontro que terá lugar o sábado 26 haberá carteis promocionais desta indicación xeográfica protexida e os asistentes recibirán unha peza de Pan Galego

20/03/22 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de acondicionamento da captación e da mellora do abastecemento ao núcleo de Santigoso, no concello do Barco de Valdeorras

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, entregoulle este mes as infraestruturas hidráulicas ao Concello

20/03/22 | 12:10

A tempada de pesca fluvial comeza hoxe para os máis de 41.000 afeccionados galegos con licenza vixente

Belén do Campo enmarca o incremento en máis de 4.000 dos permisos tramitados este ano en Galicia nunha “volta á normalidade” tras dous anos marcados pola covid

20/03/22 | 12:08

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño recupera as visitas guiadas para divulgar o seu labor tras dous anos de parón pola pandemia

O centro dependente da Consellería do Mar recibiu esta semana a un primeiro grupo de alumnas e alumnos do Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo e nos vindeiros días fará o propio cun segundo así como con integrantes da Sociedade Atlántica de Maricultura (Satmar) de Francia

19/03/22 | 17:12 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Estado a asegurar a entrada de pensos ás explotacións e a recollida do leite das granxas e da carne dos matadoiros para garantir a supervivencia do sector primario

O Goberno galego urxe de novo á Delegación do Goberno en Galicia a que actúe diante da parálise do sector primario e para que se garantan os servizos esenciais no paro do transporte

19/03/22 | 16:31 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a misión comercial a Colombia permite a Galicia afianzar a internacionalización da súa economía con acordos de colaboración no naval, tic e aeroespacial

Resalta que foi unha viaxe na que se puido constatar que o interese por estreitar lazos de colaboración entre Galicia e Colombia é recíproco, tanto a nivel económico como cultural

19/03/22 | 15:07

A Xunta e o Concello de Laza colaborarán nun proxecto para acondicionar a contorna da igrexa de San Xoán

Ángeles Vázquez comprométese a cooperar co Goberno local nos custos da actuación, que encaixa dentro dos obxectivos do chamado plan Hurbe

19/03/22 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese aos premios Mestre Mateo como a demostración do gran momento do audiovisual galego

O responsable autonómico de Cultura felicita a Academia Galega do Audiovisual e a todos os profesionais pola súa contribución a que Galicia sexa un referente indiscutible neste eido