Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/03/22 | 12:21 | Secretaría Xeral de Emigración
19/03/22 | 12:17

O Proxecto europeo Nor-Water acada avances na identificación dos contaminantes emerxentes presentes en augas de Galicia e do Norte de Portugal

Os resultados desta acción permitirán implantar medidas de xestión ambiental para mitigar a presenza destes compostos nos ecosistemas costeiros e fluviais e contribuirán a mellorar a eficiencia das estacións depuradoras de augas residuais

19/03/22 | 10:35 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 21.369 casos activos por coronavirus

Un total de 505.560 pacientes xa están curados

18/03/22 | 19:41 | C. de Sanidade

O Sergas presenta aos sindicatos os principais puntos do futuro Plan de ordenación de recursos humanos de atención primaria

Achegáronse datos de poboación atendida e ratios de paciente/profesionais, a partir das tarxetas sanitarias adscritas. Así por exemplo, en médico de familia a media é de 1.251 pacientes asignados por profesional, sendo de 845 en pediatras e de 1.409 en enfermería, unhas cifras que melloran a media do Sistema Nacional de Saúde

18/03/22 | 19:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove en Miami a celebración do Xacobeo e o Camiño coa colocación dunha nova mouteira

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nun completo programa de promoción internacional da celebración do Xacobeo e o Camiño de Santiago, que inclúe a colocación en Miami da novena mouteira internacional, a terceira no continente americano

18/03/22 | 19:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o prazo de solicitude das prácticas en asuntos europeos na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

O DOG publica hoxe a convocatoria de catro bolsas, das que dúas delas están relacionadas coa formación de asuntos comunitarios, outra coa comunicación das políticas comunitarias, ademais dunha bolsa para a realización de prácticas de apoio administrativo

18/03/22 | 19:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta financiará o 60% das obras para completar a rede municipal de sumidoiros en Paradela e o saneamento no lugar do Reguengo, en Caldas de Reis

Augas de Galicia remitirá ao Concello o convenio de colaboración para impulsar a execución da II e da III fase das obras de mellora da rede de sumidoiros en Paradela, na parroquia de Santa María de Bemil, e o saneamento de augas residuais no Reguengo, en Santa María de Godos