Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta declara de utilidade pública e de interese social os dous primeiros polígonos agroforestais de iniciativa pública en Oímbra e Cualedro
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os dous acordos da Consellería do Medio Rural polo que se decretan estes polígonos, que afectarán unha superficie de 22 hectáreas en Oímbra e 64 hectáreas en Cualedro
O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Val de Camba, no concello de Rodeiro
Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 1.854 hectáreas, propiedade de 722 veciños
Galicia rexistra un total de 20.225 casos activos por coronavirus
Un total de 509.568 pacientes xa están curados
O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 18 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 20 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 53 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta inxectará máis de 3,5 M€ para blindar o transporte público de viaxeiros por estrada fronte á suba exponencial do prezo dos carburantes
O Goberno galego adopta medidas inmediatas para garantir a prestación dun servizo público esencial aos usuarios e dar certezas ao sector protexendo o emprego
A Xunta apoia con 400.000 euros ás anpas galegas para promover programas de igualdade e de prevención da violencia de xénero
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica mañá a convocatoria destas axudas que se poden solicitar desde o martes 22 de marzo e ata o próximo 21 de abril
A Xunta organiza o XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos
Máis de 30 expertos internacionais debaterán sobre o Camiño de Santiago desde a perspectiva do peregrino medieval ata a actualidade entre o 22 e o 26 de marzo
A Xunta continúa formando aos profesionais do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais sobre a seguridade no uso de vehículos todoterreo
O obxectivo desta acción é formar aos profesionais en técnicas específicas de condución destes medios, tanto desde o punto de vista teórico como práctico