Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 18.664 casos activos por coronavirus
Un total de 193.311 pacientes xa están curados
Feijóo insta a dar unha resposta ponderada e semellante en toda España ante a sexta onda da Covid e pide incrementar a vacinación coa adianto da terceira dose aos tres meses
Adianta que a Xunta apostará por non aplicar “nin restricións de aforos nin prohibicións” nas próximas datas do 24 e 25 de decembro
A Xunta reitera a solicitude ao goberno central de máis prazas MIR para afrontar a carencia de profesionais en Atención Primaria
Así o subliñou Julio García Comesaña no Parlamento de Galicia, destacando que os problemas para encontrar persoal substituto en zonas como Moaña ou Baixo Miño responden a esta situación de falta de profesionais
A Xunta porá en marcha en todas as áreas sanitarias equipos de xeriatras ou internistas para facer de enlace coas residencias de maiores
Crearanse dúas figuras novas: a dun profesional de referencia para cada residente e familia e a dun xestor de casos sociosanitarios que coordine a atención social e sanitaria
Sanidade amplia en dúas semanas a campaña de vacinación da gripe
O departamento sanitario da Xunta estenderá a posibilidade de vacinarse contra a gripe até mediados de xaneiro, sendo posible tamén facelo nos centros de vacinación masiva
A Xunta pon en marcha a campaña “Estimada-MENTE” para sensibilizar á cidadanía sobre os desexos, retos e expectativas que afrontan a diario as persoas que padecen enfermidade mental
O proxecto pretende favorecer a información á sociedade sobre as necesidades percibidas polas persoas que presentan trastornos mentais de especial severidade e romper as ideas erróneas preconcebidas
Galicia rexistra un total de 17.227 casos activos por coronavirus
Un total de 192.489 pacientes xa están curados
Xunta e Concello de Ourense unen esforzos para impulsar a ampliación do complexo hospitalario ourensán
Asinan un convenio polo que o Concello achegará o 10% do custo das obras que comezarán en 2022
A Xunta inviste máis de 2,2 millóns de euros na renovación das lámpadas cirúrxicas dos hospitais galegos
O Executivo galego mellorará a iluminación de 97 bloques cirúrxicos nos 14 hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde
A Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos colaborarán para investigar unha suposta plataforma de médicos negacionistas
A tal efecto, o secretario xeral técnico de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente do Sergas, José Flores, reuníronse hoxe co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago