Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia mañá os traballos para reabrir a lagoa de Baldaio e restaurar o intercambio natural de auga entre o humidal e o medio mariño
As actuacións comezarán coincidindo coa baixamar para aproveitar a propia dinámica das mareas e buscan retirar o tapón de area existente co fin de que a canle estuarina recupere a súa funcionalidade na gradación do fluxo entre a lagoa e o mar
Belén do Campo asiste á recepción oficial aos equipos participantes no LXXXI Trofeo Teresa Herrera
Xa pola tarde, a delegada da Xunta asistiu no estadio de Riazor ao encontro masculino do LXXXI Trofeo Teresa Herrera entre o Real Club Deportivo e o Real Madrid, acompañando á afección coruñesa nunha das grandes citas deportivas do verán
Belén do Campo destaca a aposta de Explora Journeys pola Coruña na escala inaugural do EXPLORA III coincidindo co eclipse solar
Durante o acto, celebrouse o tradicional intercambio de metopas como símbolo de benvida e de colaboración entre o porto e a compañía Explora Journeys
Medio Rural impulsa un proxecto de investigación para poñer en valor e preservar a Rosca de Sober
A iniciativa conta coa implicación do persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, da Cátedra do Pan da Universidade de Santiago de Compostela, do Concello, de rosqueiros e dun cociñeiro da localidade
A Xunta mantén para mañá a alerta laranxa por episodio de calor na montaña de Ourense e na zona de Valdeorras
Seguiremos afectados por unha masa de aire moi cálido en superficie, con valores altos en toda a Comunidade
A Xunta financia a nova campaña de escavacións que se desenvolve ata o 18 de agosto na cova Eirós, en Triacastela
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, coñeceu os traballos neste xacemento, que alberga as únicas mostras de arte paleolítica descubertas en Galicia
Medio Rural destaca que Galicia é un referente en diversificación e mellora xenética do gando
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou unha gandaría de cabrún en Salvaterra de Miño que está especializada na cría da cabra de raza Boer
A Xunta salienta o papel dos premios Alecrín na divulgación da galeguidade e no reforzo dos lazos coa colectividade galega en Cataluña
José González felicita as persoas e entidades recoñecidas, vinculadas a ámbitos como a música, as artes, a innovación, a comunicación, a promoción da lingua e da cultura, o deporte, a gastronomía ou a emigración