A Xunta pón en valor os novos combustibles dispoñibles para a descarbonización da industria naval

Vigo, 23 de maio de 2024

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez Iglesias participou hoxe na mesa redonda Retos e oportunidades da Transición Enerxética na industria naval organizada no marco da Feira Navalia.

Na súa intervención, Nicolás Vázquez puxo en valor a necesidade de empregar novos combustibles para descarbonizar o sector naval e subliñou a aposta da Xunta de Galicia pola descarbonización e a eficiencia enerxética.

Neste sentido, destacou o apoio do Goberno galego aos novos proxectos industriais a través da súa aceleración, desburocratización e financiamento para converter a Galicia nun territorio favorable ás enerxías renovables.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/05/2024