Fabiola García asiste á estrea do equipo de fútbol feminino do Real Club Celta de Vigo, ‘As Celtas’
A conselleira de Política Social e Igualdade felicitou á presidenta da entidade, Marián Mouriño, por impulsar o deporte feminino
Vigo, 7 de setembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asistiu esta tarde no estadio de Balaídos á estrea do equipo de fútbol feminino do Real Club Celta de Vigo, ‘As Celtas’, que debutou no campionato de Terceira Federación fronte ao Victoria da Coruña. Fabiola García felicitou á presidenta do club vigués, Marián Mouriño, por apostar polo deporte feminino e sinalou que o feito de que entidades de referencia como é o Celta de Vigo dean pasos como este supoñen un avance importantísimo na tarefa de promover a igualdade.
Ademais, a conselleira puxo en valor a importancia do deporte para favorecer a integración social e o espírito de grupo, así como principios como a tolerancia, a igualdade e a non violencia.