Belén do Campo participa nos actos organizados con motivo do Día da Merced no centro de inserción social Carmela Arias y Díaz de Rábago
2024-09-20
/documents/35297/1449685/20240920_docampo_merced_007.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 20 de setembro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou nos actos con motivo do Día da Merced organizados no centro de Inserción Social Carmela Arias y Díaz de Rábago. Este centro alberga aos internos que se atopan en proceso avanzando de reinserción ou que cumpren pena en réxime aberto.
O CIS de A Coruña leva o nome da Condesa de Fenosa e presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Carmela Arias y Díaz de Rábago, en recoñecemento á súa contribución e apoio aos programas de reinserción de internos desenvolvidos nos centros penitenciarios galegos, entre outros tamén co centro penitenciario de Teixeiro. A Xunta colabora con diferentes liñas cos centros penitenciarios de Galicia.
Data de actualización: 20/09/2024